Novedades Carminha arrasa nos Premios MIN e anuncia grandes datas para o 2022

17 Outubro 2020

Os galegos colócanse como a banda que recolleu máis premios no certame deste ano: Mellor Álbum de Pop, Mellor Artista e Mellor Directo.

Sen dúbida, a noite dos Premios MIN foi para Novedades Carminha. A banda galega foi a máis galardoada, con tres premios: Mellor Álbum de Pop, Mellor Artista e Mellor Directo.

Ademais, o cuarteto compostelán deleitounos con ‘Hai Un Sitio Pa Ti’, tema que abre o seu quinto álbum (e o máis aclamado pola crítica ata o momento), ‘ Ultraligero’.

Novedades Carminha quixo acompañar esta noite de celebración da música nacional cunha sorpresa moi especial: o anuncio de tres concertos especiais de reencontro cos seus fans para 2022, para cando pase este mal soño.

Por agora, teñen confirmadas datas en Madrid (12 de marzo en WiZink Center), Barcelona (19 de marzo en Sala Razzmatazz) e Santiago de Compostela (26 de marzo en Multiusos do Sar).

Con cinco discos ás súas costas, decenas de hits irresistibles e longas xiras de concertos nos que nos fixeron bailar de principio a fin, Novedades Carminha aposta pola tempestade tras esta insoportable calma. Non podemos ter máis ganas de volver velos en directo.

Entradas concertos 2021

Está pasando!