O Cineclub Bueu retoma a animación da man de Studio Ghibli e do mestre Isao Takahata

27 Abril 2022

Para este mes de abril o Cineclub Bueu retoma a animación e nada mellor que facelo da man de Studio Ghibli e do mestre Isao Takahata.

Aínda que ‘O conto da princesa Kaguya’ pasou bastante desapercibida en Occidente, non deixa de ser unha obra maxistral, que mesmo estivo nominada aos Oscar.

O prezo é de 2 euros (socios anuais) e 4 euros (socios de sesión).

A historia comeza cando unha parella de anciáns campesiños atopan a unha nena diminuta dentro dunha planta de bambú e deciden adoptala como a súa filla.

Convertida rapidamente nunha fermosa muller, é pretendida por moitos homes, incluído o emperador. Con todo, o seu inicial xúbilo vese reducido a tristeza, pois asegura que virán por ela as persoas da Luna, lugar do que é orixinaria.


Está pasando!