O pacto do letargo

Miguelanxo Prado

Editorial: Retranca Editora
Temática: Actualidade
Número de páxinas: 104

Un estudante de Historia esperta sen pretendelo aos Máxicos: anxos e demos sumidos nun voluntario letargo á espera de que o ser humano se reconcilie coa natureza ou acabe autodestruíndose.

Ante a evidencia de que os homes tomaron o segundo camiño, os demos parecen máis que dispostos a adiantar o seu final. Pero como? A clave parece atoparse nun misterioso talismán céltico, un trisquel que se transformará no obxecto máis cobizado por Puros, Demos e homes.

Miguelanxo Prado volve sorprendernos cun apaixonante thriller que esconde nas súas páxinas unha profunda reflexión sobre a relación do ser humano coa natureza e sobre que ocorre cando a preservación da contorna entra en conflito coa ambición desmedida de poder.

Está pasando!