O Teu Xacobeo trae á Guarda ao Cuarteto Rastrelli

6 Setembro 2021

O vindeiro sábado día 17 de setembro a Praza do Reló da Guarda será o escenario para un concerto moi especial da man de O Teu Xacobeo, o do grupo Cuarteto Rastrelli, formado por Kira Kraftzoff, Sergio Drabkin, Kirill Timofeev e Misha Degtjareff.

O Proxecto “Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago 2021” é promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración cos Concellos de Cangas, Cambados, Nigrán, Ribadeo, Lourenzá, Abadín, Sobrado dos Monxes, Tui, O Porriño, Redondela, A Guarda, Pontevedra, Padrón, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Mondoñedo e Santiago, lugares onde se desenrola esta actividade.

O grupo traerá á Guarda o Programa “De Brahms aos Beatles” cun repertorio con cancións de recoñecidos artístas coma D. Popper, P. I. Tchaikovsky, E. Grieg, Peer Gynth ou J. Brahms, ademáis de clásicos do “Libro de cancións dos BEATLES“ como Yesterday, Sgt. Pepper’s Lonely Club Band, Things We Said, If I Fell, I Saw Her Standing There, e outros.

Debido ao protocolo covid-19 é preciso inscribirse previamente a través de www.woutick.es (as inscricións abriranse unha semana antes do concerto).

En Caso de choiva o concerto terá lugar nos baixos da Casa dos Alonso.

Está pasando!