Paxaros

Natacha Ortega & Lucía Franco


  • Editorial: Kalandraka
  • Temática: Álbumes ilustrados
  • Número de páxinas: 36

 

“Paxaros” é un poema-canción protagonizado por nenas e nenos que converten prazas, parques e arboledas en espazos lúdicos de liberdade e creatividade: fogar e xogo como punto de encontro, sen máis infraestrutura que a súa propia imaxinación.

Interesada na idea de construír cidadanía a partir da poesía, Natacha Ortega creou esta obra como parte dunha intervención urbana -dentro do proxecto infantil Gato Peludo- baseada en habitar os lugares comúns.

Á sinxeleza do texto, un canto aos soños da infancia, as ilustracións de Lucía Franco redundan no minimalismo gráfico: son imaxes que destacan pola súa naturalidade, unha reducida paleta cromática de vermellos e azuis, con personaxes caracterizados con ás e picos.

Está pasando!