“Pontevedra vívese’ este verán con 18 programas festivos

16 Xullo 2020

Preto de 300 actividades da man de artistas, compañías e produtoras galegas nos amosarán ao longo de todo o verán xeitos “diferentes de vivir Pontevedra”.

As actividades están agrupadas en 18 programas, a maioría de nova creación, e ofrecerán durante os meses de xullo e agosto preto de 300 actividades en 13 espazos únicos do centro e dos barrios da cidade.

PROGRAMAS:

1. Vén Trebellar: ciclo actividades infantís que se vai desenvolver en parques da cidade e que inclúe diversas disciplinas artísticas como contacontos, música ou teatro

2. Sondeaquí: programa específico para dar visibilidade á viveza musical de Pontevedra e que bandas locais de música actual de todo tipo de estilos

3. A rebulir!: animación de rúa de compañías galegas. Trátase dunha adaptación do programa Itineranta á situación actual, polo que se deseñou sen paradas e con percorridos longos para evitar aglomeracións en puntos concretos

4. Barullada de Rock: crearanse espazos para concertos (un deles serán as pistas de Campolongo) para acoller actuacións de grupos de rock de Pontevedra

5. Virar coa Gaita: ciclo de música tradicional galega, con grupos fundamentalmente de Pontevedra

6. Música Nova: bandas galegas de diferentes disciplinas

7. Artes Vivas: programa que combina a fusión entre disciplinas como a música, o teatro, ou a danza

8. Con Voz de Muller: programa multidisciplinar para poñer en valor a voces femininas en campos como a narrativa, teatro, regueifas ou música

9. Noites de Jazz: programación específica de jazz

10. Cinema na Lúa: mantense o programa de cine ao aire libre xa existente

11. Clásicas na rúa: terá lugar no quiosco da Alameda e estará dedicado á música clásica

12. Urban Pontevedra: dedicado ás disciplinas artísticas vinculadas ás artes urbanas que se desenvolverá en Monte Porreiro

13. Aquí Cántase: readaptación do programa xa existente que pasará a un escenario con distancias de seguridade

14. Vai de Música: músicos clásicos fusionando con outros artistas, con pequenos bloques de músicos de banda que van actuar conxuntamente con convidados especiais, como outros músicos de disciplinas diferentes, humoristas, etc

15. Xeiras das artes: xornadas mulitidisciplinares con narración, ilustración ou performance

16. Pontevedra máxica: ciclo dedicado especificamente a espectáculos de maxia

17. Festa do Demo

18. Memorial Ricardo Portela

PROGRAMA PONTEVEDRA VÍVESE!

Está pasando!