Que teñen que ver as vacas co cambio climático?

Marian Martínez Izquierdo

  • Editorial: Hércules de Ediciones
  • Número de páxinas: 40
  • Temática: Ecoloxía e medio ambiente

Neste libro que tes nas mans explícase como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático.

Vai ser un libro catastrofista deses nos que todo o que coñecemos vai desaparecer, imos morrer chamuscados e non hai solución? Ben, falamos das consecuencias do
fenómeno pero tamén damos instrucións sobre como activar o SUPERPODER para frear o cambio climático.

E quen ten ese SUPERPODER?

Pois todas as persoas que consumimos.

Está pasando!