Aberto o prazo de inscrición para a XVII edición da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía

12 Xullo 2021

A XVII Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía que se celebrará o sábado 31 de xullo xa abriu o prazo de inscrición.

Desenvolverase nunha distacia de 10.000m. coa saída e meta na Avenida da Mariña.

Establécense as categorías masculina e feminina:

  • Sub20-Sub23 | nados en 2003 -1999
  • Senior | nados en 1998 -1985
  • Máster A | nados en 1984 – 1977
  • Máster B | nados en 1976 – 1967
  • Máster C | nados en 1966 e anteriores

A inscrición para a proba absoluta (200 prazas) realizarase a través da páxina web championchipnorte.com, ata ás 23:59 horas do martes 27 de xullo (inscrición: 5,00€ por participante + 1€ aluguer de chip.

A proba será en formato contrareloxo saíndo as/os atletas de 4 en 4 con 30 segundos de diferencia. A primieira saída está fixada para ás 21:45 horas.


Está pasando!