O Concello de Salvaterra presenta a programación do ‘Verán Cultural’ baixo o lema ‘Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra’

18 Xullo 2021

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño ven de facer pública a programación que se deseñou por parte do Concello para o mes de agosto, unha programación axustada aos protocolos COVID, baixo o lema ‘Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra’.

Non nos podemos esquecer que seguimos nunha situación sanitaria complicada, un ano máis diferente pero onde primamos a seguridade, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, adaptando a programación á nova situación que estamos a vivir, unha programación diferente á que estamos acostumados, pero que segue na mesma liña de traballo.

Achegámonos ao mes de agosto e con el comeza a programación do ‘Verán Cultural’. Dende o Concello trabállase para ofrecer unha programación variada e con todas as seguridades da nova normalidade, unha programación feita e pensada para gozar en familia.

Cinema,  teatro, deporte e música terán ou seu espazo, utilizando como espazo central a Praza do Concello, ubicación que permite delimitar e ter un control estrito de aforo. Ademais como medidas de seguridade pídese asistir cunha hora de antelación para aplicar as medidas do protocolo, desinfección de mans, ocupar as cadeiras asignadas, acudir con masacrilla e os nenos e nenas sempre estarán acompañados dun adulto.

Como tódolos anos pecharase a programación coa Festa do Viño do Condado do Tea, cunha programación adaptada á situación actual.


PROGRAMACIÓN CULTURAL:

  • Venres 6 de agosto

Cine infantil: ‘AS MASCOTAS DA RAIÑA’

  • Sábado 7 de agosto

Concerto da BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI

  • Domingo 8 de agosto

Ruta Deportiva ROTEIRO MÁIS KAIAK

  • Martes 10 agosto

Festividade de SAN LOURENZO con concerto da BANDA DE MÚSICA DE SALVATERRA DE MIÑO

  • Xoves 12 de agosto

Cine na rúa: ‘QUEEN’

  • Venres 13 de agosto

Cine na rúa: ‘PERDENDO O ESTE’

  • Sábado 14 de agosto

Concerto de EREA CASTRO

  • Xoves 19 de agosto

Concerto infantil: PAKOLAS

  • Venres 20 de agosto

Cine infantil: ‘O NENO QUE PUIDO SER REI’

  • Sábado 21 de agosto

L DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO e Concerto de NESTOR ANTONIO BARROS E IALMA

  • Xoves 26 de agosto

Teatro comedia: FULANO, MENGANO E CITANO

  • Venres 27, sábado 28 e domingo 29 de agosto

LXII FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA – Tunel do Viño, Visitas ás Adegas e Castas Comentadas

  • Venres 27 de agosto

Concerto: BANDA CREBINSKY

  • Sábado 28 de agosto

Concerto: SUSANA SEIVANE


Está pasando!