Xosé A. Touriñán, David Perdomo e Marita Martínez chegan a Sanxenxo con ‘Comicamente’

10 Agosto 2021

Xosé A. Touriñán, David Perdomo e Marita Martínez chegan a Sanxenxo con ‘Comicamente’, o espectáculo de comedia ao aire libre que percorrerá as cidades e vilas galegas durante este verán.

Os mellores cómicos do país reunidos co obxectivo común de contaxiar a risa ao público neste regreso dos espectáculos en directo.

O proxecto, enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, súmase ás iniciativas postas en marcha polo Goberno galego co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural.

Se hai algo que se contaxia dun xeito máis rápido e moito máis doado que a COVID-19 é a risa. Son ben coñecidos desde hai tempo os seus efectos terapéuticos: reduce o estrés, favorece a dixestión e incrementa a produción de anticorpos dun xeito totalmente natural.

O recoñecemento da actividade Cultural como esencial ten moito que ver cos beneficios que, logo dun ano complicado, pode achegar á sociedade como alternativa de lecer que axude aesquecer as tráxicas consecuencias da situación sociosanitaria.

‘Comicamente’ pretende ser parte dunha oferta cultural que axude a galegas e gelegos a mellorar a súa calidade de vida a través do humor.

As entradas para asistir aos espectáculos pódense adquirir en Ataquilla.com


Está pasando!