A V edición do ‘Festivala: mulleres creando’ regresa a Vilagarcía de Arousa

13 Setembro 2021

O Festivala é un festival de mulleres creadoras organizado por O Soño de Lilith, que inclúe actividades como coloquios, obradoiros, proxeccións cinematográficas ou concertos e que se celebrará en Vilagarcía de Arousa.

As actividades desta edición comezan o sábado 11 cunha unha exposición sobre mulleres comunicadoras e unha homenaxe a Isaura Abelairas. A exposición, poderase visitar ata o día 25 de setembro na Praza de Galicia.

CONCERTOS

Os concertos celebraránse os días 18 e 19 na Praza da II Répública (en caso de choiva, no Auditorio Municipal).

Sábado 18

  • 13:00 h. La Mare e María Ruíz
  • 21:00 h. Tongo e High Paw

Domingo 19

  • 12:00 h. Aldaolado e Broken Peach

Entrada de balde, suxeita a reserva previa en woutick.es

OBRADOIROS

A programación do Festivala continuará os días 24 e 25 con dous obradoiros no Seminario do Auditorio Municipal.

Venres 24

  • 18:00 h. ‘Introdución á fotografía para o emprendemento’, con Elena Reigosa.

Sábado 25

  • 10:00 a 20:00 h. ‘Falar en público’, con Alba Formoso.

CINECLUBE

O Salón García acollerá o venres 24 a proxección do documental ‘Se dice poeta’, de Sofía Castañón e coloquio coa directora.

Está pasando!