© Judith Jáuregui

A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe doce concertos que se celebrarán entre outubro e maio

15 Outubro 2021

A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe doce concertos que se celebrarán no Auditorio do Pazo da Cultura, Teatro Principal e Auditorio Afundación de Pontevedra, entre outubro de 2021 e maio de 2022.

O mércores 20 de outubro o violinista Massimo Spadano e Iván Martínez ao piano, abrirán a Tempada 2021-2022 cun concerto no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, no que interpretarán obras de Eberl e Beethoven.

Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.


PROGRAMA TEMPADA DE CONCERTOS 2021-2022

 Mércores, 20 de outubro 

Auditorio Pazo da Cultura | 20:30h

MASSIMO SPADANO (violín) e IVÁN MARTÍN (piano)

Obras de Eberl e Beethoven

 Xoves 11 de novembro 

Auditorio Pazo da Cultura | 20:30h

BEATRIZ BLANCO (violonchelo) e FEDERICO BOSCO (piano)

Obras de Beethoven

 Venres 12 de novembro 

Auditorio Pazo da Cultura | 20:30h

BEATRIZ BLANCO (violonchelo) e FEDERICO BOSCO (piano)

Obras de Beethoven

 Luns 20 de novembro 

Auditorio Pazo da Cultura | 20:30h

MANUEL GÓMEZ RUIZ (tenor) e ANTONIO GALERA (piano)

Obras de Beethoven, Schubert e Schumann

 Luns 17 de xaneiro 

Teatro Principal | 20:30h

MILENA MARTÍNEZ (piano)

Obras de Schubert e Chopin

 Luns 31 de xaneiro 

Teatro Principal | 20:30h

TRÍO LEPOR (violín, violonchelo e piano)

Obras de Beethoven e Dvorák

 Venres 18 de febreiro 

Teatro Principal | 20:30h

CUARTETO QUIROGA (corda)

Obras de Beethoven e Brahms

 Xoves 17 de marzo 

Teatro Principal | 20:30h

LA GUIRLANDE (traverso, violín barroco, violonchelo barroco e clave)

Obras de compositores franceses do século XVIII

 Luns 25 de abril 

Teatro Principal | 20:30h

JUDITH JÁUREGUI (piano)

Obras de Grieg, Brahms, granados e Rachmaninov

 Xoves 28 de abril 

Auditorio Afundación | 20:30h

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

Director: Víctor Pablo Pérez

Obras de Franck e Debussy

 Venres 6 de maio 

Auditorio Afundación | 20:30 horas

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA (violín, violonchelo e piano)

Directora: Jessica Cottis

Obras de Sculthorpe e Sibelius

 Mércores 25 de maio 

Teatro Principal | 20:30 horas

CAMERATA ARVEN (en colaboración co Centro Superior de Música de Galicia)

Obras de Vivaldi, Haendel, Bach e Pergolesi


Está pasando!