2021 O Efecto PO2 chega aos obradoiros de Aqualoxía para centros escolares

23 Marzo 2021

  • Teñen por obxectivo promover o coñecemento sobre o aproveitamento dos recursos hídricos e concienciar sobre a loita contra o cambio climático.
  • O alumnado que participe será agasallado con cantimploras ‘Efecto PO2’ co obxecto de reducir o uso de plástico dun só uso e fomentar o emprego de materiais con menos impacto ecolóxico.

“Dentro da estratexia ‘Efecto PO2’ un dos pilares máis importantes é o aproveitamento da xestión do recursos hídricos e queremos facer fincapé, precisamente hoxe no Día Mundial da Auga, no programa de obradoiros de Aqualoxía que imos realizar en colaboración coa empresa Viaqua” indicaba esta mañá a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías.

A concelleira explicou que se trata dunha serie de obradoiros que “teñen como obxectivo fundamental achegar ás crianzas o coñecemento sobre o ciclo natural da auga e concienciar sobre a importancia da auga e do medioambiente urbana, facendo fincapé en que Pontevedra é unha referencia en mateira de calidade medioambiental”. Os obradoiros están destinados ao alumnado dos centros educativos de Pontevedra e, debido ás restricións sanitarias, serán realizados totalmente en liña. Os centros que desexen inscribirse poderán facelo a través do correo eléctronico mabilleira@pontevedra.eu

Os obradorios contemplan diferentes recursos didácticos con actividades participativas adaptadas aos diferentes niveis educativos e que inclúen xogos e experimentos interactivos e diferentes retos para o alumnado. Os e as participantes nos obradoiros recibirán ademais unha cantimplora ‘Efecto PO2’, co obxecto de concienciar sobre a redución de botellas de plástico dun só uso e sobre o emprego de mateirias con menos impacto ecolóxico. Neste sentido, Anabel Gulías explicou que se trata de que o alumnado “lembre que en Pontevedra temos o firme reto de loitar contra o cambio climático e que de nós depende, porque coas nosas decisións podemos facer que pequenos cambios locais
teñan un impacto global no cambio climático”.

Anabel Gulías tamén anunciou que a conmemoración do Día Muncial da Auga se irá prolongando ao longo da semana con visitas a diferentes lugares do rural nos que se está avanzando na dotación da rede de saneamento e de abastecemento e tamén a instalacións clave no poceso de depuración da auga.

Está pasando!