Aberto o prazo para participar no XXX Concurso Literario Xaime Illa Couto

8 Marzo 2022

O Concello de Poio xunto coa S.C.D. Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura, convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto do que este ano se celebra o trinta aniversario.

O concurso que como todos os anos se celebra co gallo das Letras Galegas, este ano adicado a Don Florencio Delgado Gurriarán, realizarase nas modalidades de poesía e relato curto en galego, será de temática libre e poderá ser entregado na propia Concellaría de Cultura do Concello de Poio nos centros educativos do municipio ou en calquera dos colectivos e asociacións que forman parte do Consello Municipal da Cultura.

Anímate e participa! Hai varios premios nas distintas categorías. Bótalle un ollo ás bases e dalle unha volta a túa paixón por escribir!

Está pasando!