Do 4 ao 11 de xuño poderemos gozar do mellor do panorama da narración oral nunha nova edición do Sete Falares

1 Xuño 2022

Do 4 ao 11 de xuño, a igrexa de Santa Clara acollerá o Encontro Internacional de Contadores de Historias ‘Sete Falares’, no que poderemos gozar do mellor do panorama da narración oral.

Organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Pavís Pavós, contará con até oito xornadas onde o público escoitará historias da man de Fernando Guerreiro, Mohamed Hammú, Alberto Sebastián, Paula Carballeira, Lorena Pinheiro, Vero Rilo, Ana Carreira e María de Pontragha

Non será preciso reservar entrada para as diferentes sesións, agás a ‘Rota de historias’ que se realizará de noite, por diferentes lugares emblemáticos da Boa Vila.

Sete Falares, que celebrará este ano o seu décimo aniversario, é un dos ciclos culturais e de ocio que xa forman parte intrínseca da Boa Vila, e que un ano máis regresa con folgos renovados e moitas historias que ofrecer.

PROGRAMA

SÁBADO 4

  • 21.00 h. INAUGURACIÓN. Paula Carballeira. Público adulto.

DOMINGO 5

  • 21.00 h. LORENA PINHEIRO. Público adulto.

SEGUNDA FEIRA 6

  • 21.00 h. VERO RILO. Público adulto.

TERZA FEIRA 7

  • 21.00 h. ANA CARREIRA. Público adulto.

QUARTA FEIRA 8

  • 21.00 h. DE DOUS EN DOUS. María da Pontragha, Fernando Guerreiro. Público adulto.

QUINTA FEIRA 9

  • 18.00 h. PAVÍS PAVÓS. Público familiar (+ 4 anos).
  • 20.00 h. TRES ERAN TRES. Paula Carballeira, Alberto Sebastián, Mohamed Hammú. Público adulto.

SEXTA FEIRA 10

  • 18.00 h. FERNANDO GUERREIRO. Público adulto.
  • 20.00 h. MARÍA DA PONTRAGHA. Público adulto.
  • 22.00 h, 22.20 h, 22.40 h e 23.00 h. ROTA DE HISTORIAS. Desde a Igrexa de Santa Clara. En 4 grupos de 60 persoas, percorreremos a cidade visitando lugares emblemáticos mentres escoitamos historias. Haberá catro quendas con saída ás horas sinaladas. As invitacións poderán recollerse na Igrexa de Santa Clara de Pontevedra desde as 21.30 h para todas as funcións. Escoitaremos historias de Fernando Guerreiro, Mohamed Hammú, Alberto Sebastián, María da Pontragha e Paula Carballeira. Público adulto.

SÁBADO 11

  • 13.00 h. VERMÚ DE CONTOS. Alberto Sebastián. Público adulto.
  • 19.00 h. MOHAMED HAMMÚ. Público adulto.
  • 21.00 h. GALA DE CLAUSURA. Público adulto. Fernando Guerreiro, Mohamed Hammú, Alberto Sebastián, María da Pontragha, Paula Carballeira e Pavís Pavós.

Entrada de balde ata completar a capacidade.

DESCARGA O PROGRAMA EN PDF


Está pasando!