Descubre escenarios da nosa literatura da man da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

1 Setembro 2020

Estes paseos literarios son unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia de Pontevedra da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos.

Deste xeito, o público goza dunha experiencia cultural en espazos físicos descubrindo unha nova visión e viaxando pola memoria literaria do territorio que habita.


ROTEIROS LITERARIOS


Segredos no Solpor, con Iria Misa

  • Baiona
  • Data: 6/9/2020, de 11:30 a 13:00 h
  • Punto de partida: praza de abastos de Baiona, rúa Carabela Pinta, 9

O Xardineiro dos Ingleses, con Marcos Calveiro

  • Vilagarcía de Arousa
  • Data: 13/9/2020, de 11:30 a 13:00 h
  • Punto de partida: cemiterio dos ingleses, avenida de Pontevedra

Ruta Literaria e Etnográfica por Cerdedo, con Carlos Solla

  • Cerdedo-Cotobade
  • Data: 20/9/2020, de 11:00 a 13:15 h
  • Punto de partida: praza da Igrexa, Cerdedo (antiga praza da República)
  • (Traslados a algún punto da visita en transporte particular)

Ruta Literaria sobre Ponteareas, con Manrique Fernández

  • Ponteareas
  • Data: 27/9/2020, de 11:30 a 13:00 h
  • Punto de partida: casa do concello de Ponteareas

Vida Cultural, Política e Social na Pontevedra de Todo canto fomos, con Xosé Monteagudo

  • Pontevedra
  • Data: 4/10/2020, de 11:30 a 13:00 h
  • Punto de partida: praza da Peregrina

Ruta sobre o Vigo Medieval, con Anselmo López Carreira

  • Vigo
  • Data: 11/10/2020, de 11:30 a 13:00 h
  • Punto de partida: fronte á casa do concello, no comezo das escaleiras de subida ao Castro

24 prazas por ruta

Inscrición previa en roteiros.cultura@depo.gal

Indicaranse o nome da ruta, os nomes das persoas participantes (máximo 4 por reserva) e un número de teléfono de contacto. Será obrigatorio o uso de máscara.

Cumpriranse todas as medidas hixiénico sanitarias e de seguridade que aplica a normativa vixente pola COVID-19.

+info. en depo.gal/roteiros-literarios

Está pasando!