© Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra acollerá en novembro as II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial: Construíndo futuros dende a educación.

18 Outubro 2022

Despois da celebración das I Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial: Patrimonio e Comunidades, unha iniciativa do Museo de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela dende a área de didáctica das Ciencias Sociais do Grupo de Investigación Roda, e promovidas pola Deputación de Pontevedra, os días 3 e 4 de novembro terán lugar no Museo de Pontevedra as II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial: Construíndo futuros dende a educación.

As Xornadas, teñen o obxectivo de continuar a ser o foro para o diálogo entre diferentes axentes que desenvolven o seu traballo no eido da educación en museos e universidades de Galicia, España e Portugal.

O encontro enfocarase en torno a tres eixes: unha educación patrimonial para o cambio social; os novos formatos e medios na educación e acción cultural; e a creación de redes de colaboración entre institucións.

O programa inclúe dous relatorios, tres mesas redondas coa participación de investigadoras e profesionais vinculadas con museos e universidades, unha sesión de pósteres e dous talleres simultáneos.

XOVES 3 DE NOVEMBRO

  • 09:00-09:30 Entrega de acreditacións
  • 09:30-10:00 Acto inaugural
  • 10:00-10:45 Relatorio. María Jesús Rubio Visiers, Museo Arqueológico Nacional
  • 10:45-11:45 Mesa 1. Educación patrimonial para o cambio social. Coordinan: Encarna Lago, Rede Museística Provincial de Lugo; Laura Lucas Palacios, Universidad Complutense de Madrid; Alexandra Falcão, Museo de Lamego
  • 11:45-12:15 Pausa café
  • 12:15-13:45 Workshop: acción educativa e aprendizaxe transformadora no Museo de Pontevedra. Coordina Sabela Santos Filgueira.
  • 16:00-17:30 Sesión de obradoiros simultáneos Obradoiro 1. Recuperar a memoria dende o cotiá. Beatriz Gallego, Labrit patrimonio Obradoiro 2. Comunidades patrimoniais. Ángel Portolés Górriz, Projecte Patrimoni. Programa d’Extensió Universitària – PEU. Universitat Jaume I
  • 17:30-18:00 Pausa café
  • 18:00-19:00 Mesa 2. Tecendo redes: sinerxias e colaboracións entre institucións. Coordinan: Cosme Gómez Carrasco, Universidad de Murcia; Ana Estévez, Carme Campo, Museo do Pobo Galego, e Trinidad Canosa, ONCE; Cristina Sánchez-Carretero, INCIPIT-CSIC

VENRES 4 DE NOVEMBRO

  • 09:30-10:45 Sesións de pósteres. Coordina: Ana Portela Fontán, Universitat de Barcelona
  • 10:45-11:45 Mesa 3. Novos medios e formatos na educación e acción cultural. Coordinan: Miguel Ángel Cajigal, Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Júlia Castell Villanueva, Universitat de Barcelona; Myriam Martín Cáceres, Universidad de Huelva
  • 11:45-12:15 Pausa café
  • 12:15-13:00 Relatorio. Carmen Palacios Hernández, Museo Würth La Rioja
  • 13:00-13:30 Peche e despedida

inscrición é gratuíta para todas as persoas interesadas.

Para rexistrarse, envíe un correo á conta de correo xornadaseducacion.museo@depo.es antes do 24 de outubro de 2022 e remitirémoslle un formulario para formalizar a súa inscrición.

Emitirase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que asistan ao 75% das Xornadas.

Está pasando!