A Biblioteca Municipal de Salvaterra presentará ‘As Armadanzas’, un obradoiro de baile baseado na tradición actualizada e teatralizada

17 Novembro 2022

A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño presentará ‘As Armadanzas’, un proxecto realizado para o repositorio ‘Tece Redes’ en galego, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.

O mércores, día 23 de novembro, na Casa do Viño, de 17:30 a 18:30 horas, celebrarase un obradoiro de baile, baseado na tradición actualizada e teatralizada.

Os asistentes van divertirse bailando e cantando en galego pezas do repertorio tradicional da nosa terra.

Os temas que forman parte desta proposta  son todos eles recollidos de persoas maiores polas aldeas de Galicia, eran as cantigas, os bailes e xogos que lles aprenderan os seus maiores e cos que se divertían facendo máis levadeira a súa vida cotiá.

Hoxe voltan á vida da man de ‘As Armadanzas’. Participade é para tódolos públicos!


Está pasando!