Marián Sanmartín e Cristina Acuña | © Concello de Marín

O Nadal xa se respira en Marín, coa colocación do alumeado e as estacións decorativas que fan chegar toda a ilusión e a maxia destas datas aos distintos puntos do termo municipal

30 Novembro 2022

As concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña presentaron a imaxe do Nadal deste ano da vila e a programación, que inclúe todo tipo de actividades e eventos para toda a familia.

O día 2 de decembro será o pistoletazo de saída co acendido do alumeado de Nadal ás 18:30 horas, pero a maxia comezará antes, a partir das 17:30 horas, coa inauguración das rutas do Tren de Nadal na Alameda. Este servizo estará dispoñible nas seguintes datas: do 2 ao 4, do 8 ao 11, do 16 ao 18 e do 22 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 11:45 a 13:30 e de 17:15 a 21:00 horas.

Tamén abrirase a feira de Artesanía de Galicia nas casetas que xa están habilitadas na Alameda, unha actividade que poderá visitarse ata o 11 de decembro, en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Ás 18:00 horas, ademais, antes do acendido, as ONGs organizarán a súa xa tradicional chocolatada solidaria. E finalmente, para rematar a tarde, ás 20:00 horas o Ateneo Santa Cecilia organiza no Museo unha conferencia a cargo de Manuel Villanueva.


DECEMBRO 2022

VENRES 2

  • 17:30 h. Inauguración das Rutas do TREN DE NADAL na Alameda. Do 2 ao 4, o 6, do 8 ao 11, do 16 ao 18 e do 22 de decembro ao 04 de xaneiro. Horario: de 11:45 a 13:30 horas e de 17:15 a 21:00 horas
  • 18:00 h. Inauguración ARTESANÍA DE GALICIA na Alameda. (de 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas – Ata o 11 de decembro)
  • 18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda
  • 18:30 h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL na Alameda con panxoliñas a cargo de MAIS CANTOS, rematando co acendido do BELÉN no Palco da Música
  • 20:00 h. 70º Ateneo. Conferencia de Manuel Villanueva. Museo Manuel Torres

SÁBADO 3

  • 19:00 h. CINE DE NADAL coa película PIKACHU, na Carpa da Alameda

DOMINGO 4

  • 18:00 h. Curso de arreglo floral. Organiza Asoc. Ballet de Galicia. Carpa da Alameda

LUNS 5

  • Comezo das Rutas do TREN DE NADAL nos centros escolares de infantil e primaria

MARTES 6

  • 17:00 – 21:00 h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo da asoc. Tempus Ludit. Carpa da Alameda

MÉRCORES 7

  • 19:00 h. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Carpa da Alameda

XOVES 8

  • 17:00 – 21:00 h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo da asoc. Tempus Ludit. Carpa da Alameda

SÁBADO 10

  • 17:00 – 21:00 h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín na Alameda
  • 18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda
  • 18:00 h. Bailes de Nadal dos ZUMBIS, na Alameda
  • 19:00 h. Concerto de Nadal da Banda de Música MUSIMARÍN na Alameda

XOVES 15

  • 12:00 h. Exposición de Decoración de Nadal no Museo, organiza Bolymar

VENRES 16

  • 17:00 h. Inauguración CARPA DE ACTIVIDADES INFANTÍS ENGADO MARÍN na Alameda coa participación dos Bailes de Nadal dos ZUMBIS de Marín. Ata o 8 de xaneiro. Horario: de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas
  • 17:30 h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN na Alameda. (Ata o 5 de xaneiro)
  • 18:00 h. Inauguración CARPA DE ACTIVIDADES XUVENÍS ENGADO MARÍN no Parque Eguren. Ata o 8 de xaneiro. Horario: de 12.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 22.00 horas
  • 18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs na Alameda
  • 20:00 h. Concerto de Nadal da Banda de Música da ESCUELA NAVAL MILITAR DE MARÍN no Multiusos

SÁBADO 17

  • 17:00 h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil e chocolatada no CENTRO COMERCIAL MORRAZO, organiza Asociación de Comerciantes C.C.Morrazo e Concello de Marín
  • 17:00 h. PAPANOELADA MOTEIRA, percorrido Seixo, Pardavila… finalizando na Alameda, organiza Moteros Solidarios
  • 17:00 h. III Gala Botón de Ancla. IES Illa de Tambo
  • 18:30 h. Teatro VERBAS no Multiusos, organiza Asociación Kalos

DOMINGO 18

  • 19:00 h. Concerto de Nadal “CELEBRA EL REGALO DE LA NAVIDAD” do CORO EVANXÉLICO DE MARÍN no Multiusos, organiza Asociación Kalos

MARTES 20

  • 11:30 h. Videoconferencia de Papa Noel na Aula CEMIT. Asiste alumnado de infantil do CEIP Sequelo

MÉRCORES 21

  • Exposición de contos e debuxos do Nadal no Ateneo Santa Cecilia. (De 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas e sábados de 11:00 a 13:00 horas. Ata o 6 de xaneiro)
  • 20:00 h. Entrega de premios do Concurso de Contos e Debuxos de Nadal no Ateneo Santa Cecilia

XOVES 22

  • 20:00 h. Concerto das Corais Lembranzas, Thalassa e Poio. Igrexa Vella

SÁBADO 24

  • 11:00 h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area
  • 17:00 h. Carroza de PAPÁ NOEL polas rúas de Seixo e a partir das 18 h actividades infantís no Mercado de Seixo, organiza ACEMAS e Concello de Marín
  • 18:30 – 20:00 h. Recepción de PAPÁ NOEL na Alameda, organiza Concello de Marín

DOMINGO 25

  • 19:30 h. Visita do APALPADOR na Alameda, co “Nadal en Galego” da Deputación de Pontevedra

MARTES 27

  • 12:00 h. Javier Muro, MAGO ILUSIONISTA, na Casa de Cultura de Seixo, organiza ACEMAS

XOVES 29

  • 12:00 h. TEATRO EXPRESIÓN na Casa de Cultura de Seixo, organiza ACEMAS

SÁBADO 31

  • 12:00 h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal, na Alameda

XANEIRO 2023

MÉRCORES 4

  • 17:30 h. CINE DE NADAL no Cine de SEIXO, entrada libre ata completar aforo (190 persoas)

XOVES 5

  • 12:00 h. Animación Infantil na Alameda
  • 16:30 h. Festival de Reis en ARDÁN, na Casa de Cultura de Carballido-Ardán
  • 18:00 h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual. Ao rematar, BELÉN VIVINTE na Igrexa Nova, organiza Asociación Os da Caña e Concello de Marín
  • 20:00 h. SORTEO dun Xamón entre as compras realizadas na FEIRA DE ARTESANÍA NADAL MARÍN na Alameda, organizan os artesáns

Bases do III Concurso Nadal Marín

Bases Sorteo de 100 tarxetas regalo de 50€


Está pasando!