Rolda de prensa do Enterro da Sardiña 2023 | © Ateneo Santa Cecilia

O Ateneo Santa Cecilia presenta unha novidade para o vindeiro Enterro da Sardiña de Marín: o concurso do cartaz anunciador do Enterro da Sardiña 2023

5 Xaneiro 2023

Hoxe presentouse en rolda de prensa no Ateneo Santa Cecilia unha novidade para o vindeiro Enterro da Sardiña de Marín: o concurso do cartaz anunciador do Enterro da Sardiña 2023, dotado cun único premio de 300 euros.

As propostas en formato Din A3 poderanse presentar ata o sábado 28 de xaneiro, físicamente no local do Ateneo Santa Cecilia sito na Rúa do Forno, 42 – baixo, de martes a venres en horario de 17:30 a 20:30 horas ou os sábados de 11:00 a 13:00 horas, ou mediante correo electrónico a ateneosantacecilia@gmail.com.

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas maiores de 18 anos que estean interesados/as nesta convocatoria, cun máximo dunha obra por autor/a.

Consulta as bases do concurso aquí.


Está pasando!