Estatua de O Fisgón, Moaña | © Atlantis Comunicación

A Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos volve coas súas rutas guiadas para o inverno de 2023

31 Xaneiro 2023

Un ano máis, e xa van sete, A Illa dos Ratos volve para propoñernos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das súas rutas guiadas.

Nesta ocasión presentan ‘Descubre Moaña no inverno 2023’, un proxecto de 6 rutas no que volven a colaborar co Concello de Moaña e ‘Inverno en ruta 2023’ que estará composto por 6 rutas en diferentes localizacións de Cangas.

Coma sempre estas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, as/os guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.


‘DESCUBRE MOAÑA NO INVERNO 2023’

‘Descubre Moaña no inverno 2023’ incluirá seis rutas que foron moi ben valoradas polos asistentes en anos anteriores. Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña.  As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán:



‘INVERNO EN RUTA 2023’

En Cangas ofértanse prazas para outras seis rutas, enmarcadas no programa ‘Inverno en ruta 2023’. Para Cangas presentan un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como:



Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada. 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio haberá un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaranse as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Este ano dende a páxina de facebook Historias do Morrazo sortearánse libros relacionados cos contidos das rutas.

Na nova páxina de facebook Historias do Morrazo, o seu rato ‘Ratillán’ viaxará cada semana a través do espazo e o tempo para levarnos aos interesantes momentos da nosa historia que aparecen recollidos nos artigos do seu blog.

Entre os seguidores da páxina A Illa dos Ratos fará regularmente unha serie de sorteos de libros que gardan relación co Morrazo. Para que teñades unha idea, o ano pasado xa se sortearon exemplares de ‘Historia Fotográfica de Cangas. Século XX’ (cortesía da A.C. A Cepa), ‘A pedra de ámbar gris’ (Noa Setemuíños), ‘O último barco’ (Domingo Villar, cortesía do Concello de Moaña), ‘As illas dos Deuses’ (Serafín Parcero, cortesía da Editorial Xerais), ou ‘Canteiras do litoral de Moaña’ (Tamara Campo Táboas, cortesía de Rinoceronte Editora e o seu selo Morgante).

Está pasando!