Vigo abrirá a súa programación de Entroido o 17 de febreiro coa Entronización do Meco e un concerto de Tanxugueiras na Porta do Sol

13 Febreiro 2023

O Entroido é unha das celebracións favoritas dos galegos, unha cita vinculada a ritos de fertilidade e protección das colleitas, incorporada despois como rito cristián no que celebrar a abundancia e na que despedirse do bo comer e do bo beber por un tempo.

En Galicia, hai tantos entroidos como localidades, e en Vigo celébrase entronizando ao Meco: deus do Entroido. Durante o reinado deste permisivo deus todo é posible e todo é xolda: As comparsas percorren as rúas durante todo o día, pero, sen dúbida, é pola noite, coas verbenas e bailes de Entroido, cando alcanza o seu apoxeo.

Un dos fitos do Entroido de Vigo é o Enterro do Meco, o Mércores de cinza: unha vez morto o Meco, entérraselle e a comitiva percorre o centro de Vigo nunha divertida parodia de desfile fúnebre con moita sorna.

Os actos da programación do Entroido 2023 en Vigo comezarán o venres 17 de febreiro a partir de las 18:30 horas con animación de rúa polo centro da cidade, e coa Entronización do Meco ás 20:00 horas na Porta do Sol, xusto antes do concerto de Tanxugueiras.

A obra elixida para o cartel do Entroido deste ano chámase ‘O alcalde de Romea’, un territorio imaxinario plasmado por Laxeiro. É unha obra de 1969, un óleo sobre tea que está na actualidade no Museo de Arte Moderna de Bos Aires.


Cartel do Entroido de Vigo 2023 | ‘O alcalde de Romea’, de Laxeiro

PROGRAMA ENTROIDO DE VIGO 2023

VERNES 17 DE FEBREIRO

  • Animación de rúa. De 18:30 a 20:30 horas (pasarrúas pola Rúa Príncipe – Porta do Sol e Policarpo Sanz).
  • Entronización do Meco. Ás 20:00 horas.
  • Concerto. Concerto a cargo de Tanxugueiras, a continuación da entronización do meco.

SÁBADO 18 DE FEBREIRO

  • Animación de rúa. De 17:00 a 18:00 horas (pasarrúas pola Rúa Príncipe).
  • Desfile Consurso de comparsas e carrozas.
    • Inscripcións ata o 10 de febreiro de 2023 por rexistro electrónico.
    • As bases estarán colgadas na páxina web do Concello de Vigo.
    • Saída ás 18:00 horas. Zona Montaxe: García Barbón (Entre a rotonda de Isaac Peral e a rotonda de Xulian Estévez).
    • Desfile: García Barbón-Policarpo Sanz (Zona desmontaxe diante Teatro García Barbón).
    • Importe premios a repartir (18.500,00 €):
      • 1º premio: 3.000,00 €
      • 2º premio: 2.500,00 €
      • 3º premio: 2.000,00 €
      • 7 accésit de 1.000,00 €
      • 17 accésit de 200,00 €
  • Concerto de Xisco Feijóo. Ás 21:00 horas na Porta do Sol.

DOMINGO 19 DE FEBREIRO

  • Carreira San Silvestre. Saída ás 11:00 horas. Ó remate chocolatada de balde.
  • Animación de rúa. De 17:00 a 19:00 horas (pasarrúas pola Rúa Príncipe).
  • Actuacións infantís e obradoiros. Porta do Sol, de 17:00 a 20:00 horas.
  • Chocolatada. A partir das 17:00 horas (Porta do Sol).

LUNS 20 DE FEBREIRO

  • Obradoiros e animación infantil. De 17:00 a 20:00 horas, na Porta do Sol ou en caso de choiva no Auditorio municipal.
  • Animación de rúas. De 17:00 a 19:00 horas (pasarrúas pola Rúa Príncipe).

MARTES 21 DE FEBREIRO

  • Concurso de disfraces. Inscripcións na propia Porta do Sol unha hora antes do inicio de cada categoría. En caso de choiva se traslada ao auditorio municipal do Concello de Vigo.

–  Categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado* (até os 13 anos): entre as 17:30 e as 18:30 horas na Porta do Sol.

–  Categorías individual xeral e grupo xeral conxuntado** (a partir de 14 anos): entre as 18:30 e as 19:30 horas na Porta do Sol.

  • Os premios establecidos para este concurso serán os seguintes:

Primeiros premios:

    • Bono regalo por importe de 100,00 € para a categoría individual infantil (até os 13 anos).
    • 100,00 € para categoría individual xeral (máis de 14 anos).
    • Bono regalo por importe de 200,00 € para a categoría de grupo infantil conxuntado (até 13 anos).
    • 200,00 € para a categoría de grupo xeral conxuntado (máis de 14 anos).

Segundos premios:

    • Bono regalo por importe de 75,00 € para a categoría individual infantil (até os 13 anos).
    • 75,00 € para categoría individual xeral (máis de 14 anos).
    • Bono regalo por importe de 100,00 € para a categoría de grupo infantil conxuntado (até 13 anos).
    • 100,00 € para a categoría de grupo xeral conxuntado (máis de 14 anos).

Terceiros premios:

    • Bono regalo por importe de 50,00 € para a categoría individual infantil (até os 13 anos).
    • 50,00 € para categoría individual xeral (máis de 14 anos).
    • Bono regalo por importe de 75,00 € para a categoría de grupo infantil conxuntado (até 13 anos).
    • 75,00 € para a categoría de grupo xeral conxuntado (máis de 14 anos).

Accésit. 4 accésit (un para cada categoría) por importe de 30,00 € cada un (no caso dos accésits infantís será por bono regalo polo correspondente valor).

  • Concerto. Orquestra ‘La Travesía’. Ás 20:00 horas o primeiro pase. O segundo pase a finalización da queima do Meco.
  • Queima do Meco. Ás 20:45 horas. (figura sita en Policarpo Sanz).

MÉRCORES 22 DE FEBREIRO

  • Exequias funerarias. Ás 18:00 horas.
  • Desfile e acompañamento das comparsas da comitiva fúnebre. Ás 18:30 horas. Itinerario: Policarpo Sanz, Travesía de Príncipe, Rúa Príncipe, Urzáiz e remate en Policarpo Sanz.
  • Lectura da acta do xurado dos concursos. Ás 19:30 horas.

Bases e convocatoria do concurso de disfraces Entroido 2023

Bases Concurso de carrozas e comparsas Entroido 2023

Está pasando!