O Concello de Vigo recupera o Día da Muiñeira

13 Febreiro 2023

  • A xornada celebrarase o domingo 7 de maio cunha actuación ao longo da rúa Venezuela
  • O alcalde invita a participar a todos os grupos folclóricos, colexios, asociacións e organizacións que queiran facer muiñeira

O Concello de Vigo recupera o Día da Muiñeira coa celebración da súa 43 edición que se celebrará o domingo 7 de maio ás 12:00 horas cunha actuación ao longo da rúa Venezuela.

Previamente, haberá pasarrúas con todos os grupos participantes desde a praza do Rei hasta o seu punto respectivo de actuación.

O Concello investirá 30.000 euros para a celebración deste estilo de música tradicional “para que ocupe as rúas da cidade”, dixo o alcalde en rolda de prensa.

Abel Caballero fixo un chamamento aos grupos folclóricos, colexios, asociacións e organizacións para que participen nesta festa.


Está pasando!