Exeria presenta este sábado o seu primeiro sinxelo ‘Un novo nome’, acompañado dun videoclip dirixido polo artista multidisciplinar Wences Lamas

7 Marzo 2023

O sábado 11 de marzo Exeria lanza o seu primeiro sinxelo ‘Un novo nome’. Este tema trata sobre a transición, a aceptación dos cambios na nosa vida, así como as eleccións que esta os obrigan a realizar.

Cando algo finaliza abruptamente e debemos adaptarnos a unha nova realidade, teremos a forza para comezar unha vida distinta e renacer?

O sábado 18 de marzo Exeria ofrecerá un concerto no Bar Jota Jota do Rosal.



WENCES LAMAS

Wences Lamas (Lugo,1983) Artista e terapeuta. No ámbito do audiovisual rodou a longametraxe ‘O Campo’, os documental ‘Bailes de Histéricas’, videoclips para selos como Subterfuge, Humo ou Ernie Récords, solistas como Pablo Und Destruktion, Alberto Montero ou Santi Araujo, bandas como Fantasmage, Balcanes ou Grupo Salvaje. Trata de que a cámara sexa unha ferramenta máxica dentro dun ritual.



A BANDA

Formado por músicos experimentados e maioritariamente influenciados polo grunge e o rock dos 90 (a música da súa infancia), Exeria xuntáronse pouco despois da pandemia que obrigou a parar calquera iniciativa musical.

As raíces son importantes para calquera proxecto, e o sentimento de pertenza a un lugar e a unha época determinadas fixan unha mirada e unha maneira de crear cancións, formando así a canle polo que flúe o seu discurso estilístico.

Inician unha nova viaxe musical chea de volume, unha nova banda na que xa levan un tempo envorcados.

Está pasando!