O Ateneo Santa Cecilia publica as bases do LXX Concurso de Maios e Embarcacións 2023, dirixido a tódolos centros escolares, asociacións e demais colectivos de Marín e bisbarra

22 Marzo 2023

Seguindo coa tradición, con motivo do día 1 do mes de maio, o Ateneo Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Marín, organiza o LXX Concurso de Maios e Embarcacións 2023, dirixido a tódolos centros escolares, asociacións e demais colectivos de Marín e bisbarra.

Como é tradicional, esta celebración será o luns 1 de maio. A exhibición dos maios e embarcacións terá lugar ás 12:30 horas na Alameda Rosalía de Castro e o concurso ás 17:00 horas na Praza do Reloxo.



Os Maios terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración exterior dos Maios só se utilizarán elementos vexetais e naturais.

As Embarcacións só serán de construción artesanal.

A Coroa deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.

Tódolos grupos recibirán unha axuda polo feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para os seus compoñentes.

Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que facela súa inscrición antes das 20:00 horas do día 27 de abril. Para elo, deberán cubrila folla de inscrición que poden recoller na secretaria do Ateneo, situada na rúa do Forno, 42, baixo en horario de 17:30 a 20:30 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 horas . Á dita inscrición deberanse xuntar 8 copias da letra coa que participen no concurso.

Está pasando!