A XLIV edición da Festa do Viño de Barro celebrarase do 15 a 18 de xuño no Pazo da Crega

9 Xuño 2023

Os días 15, 16, 17 e 18 de xuño, o Pazo da Crega acollerá a XLIV edición da Festa do Viño de Barro, cunha completísima axenda de actividades, tanto culturais como deportivas, pensadas para todo tipo de público.

A XLIV Festa do Viño de Barro renderá homenaxe ao Grupo de Danzas Folclóricas “Amor Ruibal” de Barro no 40 aniversario da súa fundación, polo que a integrante en activo que máis veces vestíu o traxe tradicional terá a honra de ser a pregoeira da Festa.

Iria Viqueira Cespón, natural da parroquia de Curro, ten 37 anos, é profesora de educación infantil e leva formando parte do Grupo de Danzas “Amor Ruibal” desde os 6 anos.

O gran traballo que o Grupo de Danzas “Amor Ruibal de Barro” leva facendo ao longo dos seus corenta anos de vida, coidando e divulgando a cultura tradicional, así como formando a tantos rapaces e rapazas de Barro é o motivo polo que o Concello de Barro lle rende homenaxe nesta edición da Festa do Viño de Barro.

PROGRAMA DA XLIV FESTA DO VIÑO DE BARRO 

XOVES 15 XUÑO

  • 17:00 h. Festa infantil (no Pavillón).
  • 19:30 h. Fútbol: Trofeo Festa do Viño (campo de Outeiro).
  • 20:00 h. Xoves do Viño no Pazo da Crega, actuación dos grupos A Gramola Gominola (20:00 horas), Jorge Menéndez Quartet (22:30 horas).

VENRES 16 XUÑO

  • 18:00 h. Fútbol: Trofeo Festa do Viño (campo de Outeiro).
  • 20:30 h. Actuación do Grupo de Danzas “Amor Ruibal” de Barro.
  • 21:00 h. Inauguración do XVI Certame de viños D.O. “Rías Baixas”. Pregón a cargo de Iría Viqueira Cespón. Actuación do grupo Os Alegres.
  • 22:30 h. Gran verbena coas orquestras Marbella e Olimpus.

SÁBADO 17 XUÑO

  • 10:00 h. Fútbol: Trofeo Festa do Viño (campo de Outeiro).
  • 17:00 h. Final Sénior IX Torneo de Tenis Festa do Viño.
  • 20:00 h. Concerto da Coral Polifónica de Barro (no Pazo da Crega). Concerto do Grupo de Pandereteiras “Peñaflor”. Habaneras a cargo do parroquial da Pórtela.
  • 22:30 h. Gran verbena a cargo das orquestras Miramar e Trébol.

DOMINGO 18 XUÑO

  • 12:00 h. IX Xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas.
  • 10:30 h. Cata de viños albarinos D.O. “Rías Baixas” (no Pazo da Crega). Cata de viños caseiros (local anexo ao Pazo da Crega).
  • 11:30 h. Charanga Alambique.
  • 12:00 h. Sardiñada e viño para as persoas asistentes.
  • 13:30 h. Entrega de premios no patio do Pazo da Crega.
  • 15:00 h. Xantar da Festa do viño.
  • 21:00 h. Concertó: Pelepau sinfónico + Banda de música Xuvenil de Barro.

Está pasando!