Camela presentarán “Que la música te acompañe” en novembro no Auditorio Mar de Vigo

13 Xuño 2023

  • Camela presentarán o 18 de novembro en Vigo o seu esperado novo disco, “Que la música te acompañe”, ante unha multitude de fans ansiosos por escoitar os novos temas e revivir clásicos da banda que marcaron xeracións
  • O concerto de Camela únese á diversa programación outonal do Auditorio Mar de Vigo, na que destacan, entre outras, as actuacións de grandes artistas e bandas internacionais e nacionais como Asaf Avidan, Calexico ou Víctor Manuel
  • As entradas para gozar do directo dunha das bandas icono do tecno-rumba do noso país xa están á venda a través de www.teuticket.com

Camela, unha das bandas máis queridas do noso país, únese á extraordinaria e diversa programación outonal do Auditorio Mar de Vigo, na que destacan, entre outras, as actuacións de grandes artistas e bandas internacionais e nacionais como Asaf Avidan, Calexico, Niña Pastori, Manolo García, para o que non quedan entradas, ou Víctor Manuel entre outros.

Así, o 18 de novembro, Camela presentarán en Vigo o seu novo disco, “Que la música te acompañe”, ante unha multitude de fans ansiosos por escoitar os novos temas e revivir clásicos da banda que marcaron xeracións. Cunha traxectoria de máis de tres décadas, Camela deixou unha pegada indeleble no panorama musical, co seu estilo “tecno-rumba”, que conquistou a millóns de seguidores. “Que la música te acompañe” promete ser unha produción excepcional que reflicte a evolución artística e o espírito auténtico da banda.



“Que la música te acompañe” representa un novo capítulo na brillante carreira de Camela, con cancións que exploran diferentes matices emocionais e mensaxes que chegan ao corazón de todos. Esta presentación será un testemuño da dedicación e paixón de Ángeles, Dioni e Miguel, os integrantes de Camela, quenes souberon manter a súa esencia e evolucionar co paso do tempo. Cunha portada que desatou o balbordo en redes e no que riden homenaxe ao universo “Star Wars”. Non é a primeira vez que tiran de referencias cinematográficas nas súas portadas e, para esta ocasión , non só xogan no titulo cunha das frases máis soadas da saga de George Lucas, “Que la fuerza te acompañe”, senón que, ademais, recrean a estética da serie galáctica caracterizados dos principais protagonistas, Dioni no papel de Qui-Gon-Jinn e Ángeles da Princesa Leia.

A presentación do novo disco de Camela, “Que la música te acompañe” no Auditorio Mar de Vigo promete ser unha experiencia inigualable que deleitará aos fans e consolidará o legado dunha das bandas máis queridas do noso país. As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com.


Está pasando!