Presentación do Atlantic Fest | © Concello de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía volverá vibrar ao ritmo do Atlantic Fest do 20 ao 23 de xullo

17 Xullo 2023

O Auditorio de Vilagarcía de Arousa acolleu o pasado venres a presentación dunha nova edición do Atlantic Fest que terá lugar na Praia da Concha os vindeiros días 20, 21, 22 e 23 de xullo.

Eme DJ, Nebulossa, De Ninghures, Ani Baires e Law únense ao cartel de Atlantic Fest 2023, do que xa confirmaramos as actuacións de Leiva, Viva Suecia, Sidecars, Sidonie, The Guapos, León Benavente, J de Los Planetas presentando en directo “Plena Pausa”, La Bien Querida, Cupido, Cariño, Joe Crepúsculo, Abraham Boba, Núria Graham, Rocío Saiz, Melenas, Adeus Amores, Carlos Risco, Lontreira e Dani Cornes.



O alcalde, Alberto Varela, presentou o evento no Auditorio municipal, que será escenario do concerto inaugural o día 20, de Abraham Boba, xunto con Susana Laya, co-Directora do festival, Jesús Saez, Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, Jorge Pallarés, director de Marketing e Comunicación de Bodegas Martín Códax, Guillermo Vergara, vicepresidente Fundación Paideia Galiza, Begoña Mesejo, directora Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Marcos Guisasola, Deputado provincial e Xosé Manuel Merelles, director Turismo de Galicia.

Atlantic Fest 2023 contará con 5 escenarios:

  • Escenario Vilagarcía Viva. Cambio de recinto a Auditorio. Día 20 de xullo
  • Escenario Galicia, Vibra Mahou e Alma Atlántica. Praia da Concha. Días 21 e 22 de xullo
  • Escenario Sonemerxente. Praza de Galicia. Día 23 de xullo

O horario e escenarios das actuacións son os seguintes:

XOVES 20 DE XULLO

Cambio de recinto do Salón García a Auditorio

  • 20:30 Apertura portas
  • 21:00 Escenario Vilagarcía Viva. Abraham Boba “Esto no es una canción”

VENRES 21 DE XULLO

  • 9:00 Apertura portas.
  • 19:30 Escenario Alma Atlántica. Nebulossa
  • 20:15 Escenario Alma Atlántica. Lontreira
  • 20:50 Escenario Vibra Mahou. Cariño
  • 21:40 Escenario Galicia. The Guapos
  • 22:30 Escenario Alma Atlántica. Rocío Saiz
  • 23:20 Escenario Galicia. Viva Suecia
  • 0:55 Escenario Vibra Mahou. León Benavente
  • 2:30 Escenario Vibra Mahou. Eme Dj

SÁBADO 22 DE XULLO

  • 13:00 Apertura portas.
  • 13:30 Escenario Alma Atlántica. Dani Cornes
  • 14:15 Escenario Alma Atlántica. Carlos Risco
  • 14:50 Escenario Vibra Mahou. La Bien Querida
  • 16:10 Escenario Alma Atlántica. Adiós Amores
  • 16:55 Escenario Galicia. Sidonie
  • 18:20 Escenario Alma Atlántica. Núria Graham
  • 19:25 Escenario Galicia. Jota presentando Plena Pausa
  • 20:30 Escenario Alma Atlántica. Melenas
  • 21:15 Escenario Galicia. Sidecars
  • 22:35 Escenario Vibra Mahou. Cupido
  • 23:55 Escenario Galicia. Leiva
  • 1:15 Escenario Vibra Mahou. Joe Crepúsculo
  • 2:35 Escenario Vibra Mahou. Eme Dj

DOMINGO 23 DE XULLO

  • 12:30 Escenario Sonemerxente. Ani Baires
  • 13:30 Escenario Sonemerxente. Law
  • 14:30 Escenario Sonemerxente. De Ninghures

Está pasando!