‘Artefacto flotante’ participante no ‘Flota como Poidas’ | © Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán abre este luns o prazo para inscribirse no “Flota Como Poidas” do domingo 6 de agosto

20 Xullo 2023

  • Os interesados deben anotarse nun formulario web municipal ata o venres 4 de agosto ás 12:00 horas
  • Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e agasallos sorpresa
  • O evento coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’

O Concello de Nigrán abre desde este luns 24 de xullo e ata o 4 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de «artefactos flotantes» chamada «Flota Como Poidas», que terá lugar o domingo 6 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa.

O evento, como é habitual, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobello’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi.

É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. O Concello premiará o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao «Titanic» da edición.


Está pasando!