Presentación da Festa Corsaria 2023 | Concello de Marín

A vila de Marín prepárase para “loitar” contra os ingleses nunha nova edición da Festa Corsaria

14 Agosto 2023

A Festa Corsaria é xa desde hai anos unha data referente no calendario festivo do Concello de Marín e de toda a provincia.

A historia e a figura de Gago de Mendoza e dos seus corsarios servirá de novo de fío conductor para a diversión que se espera vivir o próximo sábado 19 de agosto, día de celebración da festa. Así a todo, xa desde o día anterior haberá ambiente corsario coa apertura do mercadiño.

A programación da FESTA CORSARIA 2023 é a seguinte:

VENRES 18 DE AGOSTO

  • 19:00 a 00:00h. Apertura do mercado corsario. Alameda.
  • 19:00 a 23:00h. Atraccións infantís. Barco-Carrusel-Noria-Baqueta-tren. Alameda e Parque Eguren.
  • 19:00h. Espazo Corsario. Obradoiros infantis. Rúa Real.
  • 20:00h. Animación. Circocido. Rúas de Marín.
  • 20:30h. Pasarrúas musicais. Turdión / Grimorium. Rúas de Marín.
  • 23:00h. Concerto De Ninghures. Alameda.

SÁBADO 19 DE AGOSTO

  • 11:30 a 00:00h. Mercado corsario. Alameda.
  • 11:30h. Pregoeiros e fanfarrias do século XVIII. Casco urbano.
  • 11:30h. Apertura de bases de mariñas:
    • Augusto Miranda – barco corsario Gago de Mendoza.
    • Concello (r/ Estrada) – barco inglés.
  • 11:30 a 21:00 h. Granxa Escola. Méndez Núñez.
  • 11:30 a 21:00 h. Vila mariñeira. Parque Eguren.
    • Cesteiro – Barcas – Cota de Malla – Curtido de Peles.
    • Vasoiras – Seda – Bolillo – Limpeza de La – Aves.
    • Muíños de Man – Secadoiro de Peixe – Madeira.
    • Loneleiro.
  • 12:00 a 20:30h. Paseos en carroza de cabalos. Praza de España.
  • 12:00 a 20:00h. Espazo Corsario. Obradoiros infantís. Rúa do Sol.
  • 12:00 a 20:00h. Talleres de Esgrima e Tiro con arco. Parque Eguren.
  • 12:30 a 15:00h. Animación de rúa. Centro urbano.
    • Batucada “Axé Bahía”.
    • Batucada “Maracumbé”.
    • Charanga “Noroeste”.
    • Turdión / Grimorium.
    • Seres fantásticos, caminantes, diaños, piratas e zancudos.
  • 13:00h. Fakir. Alameda.
  • 13:00h. Exhibición de Aves. Parque Eguren.
  • 13:30h. Desfile – invasión inglesa. Casco urbano.
  • 16.30h. Espectáculo infantil. A Deusa dos Mares. Praza Fondo do Saco.
  • 17.00h. Concerto. No Ar Kansas. Rúa do Sol.
  • 17:30h. Espectáculo infantil. A min a Garda. Alameda.
  • 18:00 a 20.00h. Xogos Populares. Alameda.
  • 18:30h. Fakir. Praza 8 de marzo.
  • 19:00 a 22:30h. Animación de rúa. Centro urbano.
    • Batucada “Axé Bahía’.
    • Batucada “Tabaleiros”.
    • Charanga “Jalácticos”.
    • Turdión / Grimorium.
    • Seres fantásticos, carneantes, diaños, piratas e zancudos.
  • 19:00h. Exhibición de Aves. Parque Eguren.
  • 20:00h. Espectáculo de esgrima Touche. Praza de España.
  • 21:30h. Desfile – invasión Corsaria. Casco urbano
  • 22:00h. Concerto. Belle Pop. Lameira.
  • 23:30h. Gran espectáculo “O Corsario de Marín” na Fachada do Concello.
  • 00:30 a 03:00h. Fin de Festa. Alameda.
    • Dj. Jorge Álvares & Dj. Adrián Gold.


A FESTA CORSARIA

A Festa Corsaria naceu no ano 2012 coma homenaxe á figura de Juan Gago de Mendoza. Na súa faceta mais corsaria, co transcurrir dos anos, a festa consolídase no panorama tradicional da vida marinense, que da a benvida a centos de visitantes que visitan esos día a nosa localidade.

É o Concello de Marín quen leva a xestión da mesma. Os marinenses convírtense en verdadeiros protagonistas e anfitrións da festa

Resaltar as vestimentas dos asistentes que dan un colorido especial ás comidas na rúa.

Bibliografía de Juan Gago de Mendoza

Un dos capitáns e galegos máis famosos durante a guerra marítima contra os ingleses a finais do século XVIII, contando con patente de corso do rei Carlos IV. Foi armador do barco Peregrina Brillante (herdado do seu irmán Bernardo) e do Carmen. Unha das súas bases estaba na Guarda, de vital importancia dado que os portugueses eran aliados dos ingleses.

O 22 de agosto de 1800 venceu en Aguete ás tropas inglesas que intentaban capturar á fragata Alcudia, correo do rei cun cargamento de prata que se dirixía aos almacéns do reino en Pontevedra, motivo polo cal o rei recompensouno coa medalla de prata ao mérito e o grao de capitán. Os días 26 e 27 do mesmo mes venceu aos piratas ingleses en Ferrol.

En 1801 construíu o pazo de Chirleu.

Na Guerra da Independencia española, contra as tropas francesas foi comandante das alarmas do Morrazo, liberando en abril de 1809 a vila de Marín. Participou na batalla de Ponte Sampaio e na reconquista de Vigo xunto a ás tropas de Cachamuíña.

Está pasando!