Agalería acolle unha nova exposición co título “Mirar de novo. A muller contra o tempo”

7 Xaneiro 2021

Co título “Mirar de novo. A muller contra o tempo”, Agalería acolle esta nova exposición que pretende ser unha chamada de atención e un punto de inflexión sobre a forma na que ata o de agora mostramos e pensamos a historia da arte.

Este proxecto englóbase dentro do compromiso que ABANCA asumiu (dentro do seu Programa de Sustentabilidade) para a consecución da Axenda 2030 e trátase dunha contribución positiva ás metas establecidas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Na análise realizada sobre a relación de ABANCA con cada un dos 17 ODS e as súas metas, detectou que, debido á actividade propia e á desenvolvida pola Obra Social Afundación, ten un impacto maior en 8 deles.

O deseño da exposición é unha acción de difusión que pertence ás liñas de actuación social sobre o ODS5 Igualdade de xénero, que “manifesta que non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible”.

Neste contexto a exposición fai mención expresa á igualdade de xénero, e nese contexto esta exposición supón un paso importante no ámbito da cultura para alcanzar e fortalecer esa formulación necesaria, para poñer fin a todas as formas de discriminación contra as mulleres e asegurar a súa participación plena e efectiva en todos os niveis da vida política, económica e pública.

No noso presente, as artistas mulleres cobraron unha maior influencia e reescriben a historia para construír novas liñas de tempo e relacións entre obras, movementos e décadas. Esta exposición, que inclúe obras de artistas mulleres pertencentes a Coleccións ABANCA e Afundación xunto a obras convidadas de destacadas coleccións privadas, e pretende contribuír a darlle a volta e trastornar a narrativa hexemónica, axudando a diminuír esa desigualdade que levou á arte realizada por mulleres a unha inxusta ausencia.

A nosa sociedade actual require novas formas de mirar e de entender a arte e non é posible dar por válidos esquemas e valores pasados que hoxe en día non son, nin moito menos, o reflexo da sociedade actual. As nosas coleccións contan cunha importante representación de artistas que permiten estruturar esta exposición sobre cinco temáticas clave que nos axudarán a comprender cada unha das individualidades que forman parte da mostra:

  • A tradición
  • Os xéneros clásicos (natureza morta e retrato)
  • A abstracción
  • O performativo
  • Construír o relato

LISTADO DE ARTISTAS

Álava, Chechu
Almeida, Helena
Alonso, Mónica
Blanchard, María
Cabellut, Lita
Cáccamo, Berta
Calvo, Carmen
Colmeiro, Elena
Dans, María Antonia
De La Calzada, Paz
Díaz, María Xosé
Dolron, Desiree
Fernández, Almudena
Fernández, Ana
Funke, Helen
Lamas, Menchu
Mallo, Maruja
Medal, Tatiana
Minguillón, Julia
Moure, Antía
Neshat, Shirin
Nogueira, Sandra
O´keefe, Georgia
Pereira, Pamen
Rae, Fiona
Rey, Bea
Sevilla, Soledad
Sighicelli, Elena
Solano, Susana
Valesaka, Soares

CRÉDITOS DA EXPOSICIÓN

Comisariado
David Barro López
Diego Cascón Castro

Montaje virtual
ILUX Visual Technologies

Timeline
DARDO
David Barro
Cristina Moralejo

Agradecementos
Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, Madrid
Consejería de Cultura, Museo de Bellas Artes de Asturias
Belvedere, Viena
Fundación RAC
José Blanco
Carlos Rosón
Sofía Santos

Está pasando!