Parte da mostra ‘1000 e 1 abellas esenciais para a vida’ | © Concello de Sanxenxo

Sanxenxo acolle no Pazo Emilia Pardo Bazán a exposición ‘Mil e unha abellas esenciais para a vida’

18 Xuño 2024

A entrada do Pazo Emilia Pardo Bazán acolle desde o 17 de xuño a exposición ‘1000 e 1 abellas esenciais para a vida’, organizada pola Fundación Osíxeno en colaboración con Ecoembes, a través do proxecto Reciclos e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A mostra foi inaugurada esta mañá polo concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres; a concelleira de Educación, Nati Parada, e técnicos da Fundación Osíxeno cunha visita dos escolares da Florida. Durante a visita educativa tratouse a importancia das abellas para a agricultura, a paisaxe e a biodiversidade. Tras a explicación realizouse un xogo para comprobar o aprendido coa exposición.

A mostra, que se manterá aberta ata o 28 de xuño e poderá visitarse de forma totalmente gratuíta en horario de apertura do Pazo, consta de 14 paneis enmarcados de 1,40×0,90 metros en caballetes estilo rústico.

Un recuncho apícola formado por unha colmea antiga, unha colmea moderna, mostrario de ferramentas apícolas, unha simulación de xardín, abellas decorativas, un manequín con traxe de apicultor, flores, plantas e unha mesa con meles de diferentes procedencias e elementos derivados do mel.


Visita educativa de escolares da Florida | © Concello de Sanxenxo

No mundo hai máis de 20.000 especies de abellas, 1.000 na península Ibérica, pero só unha é a máis coñecida, a “abella do mel” (Apismellifera) coa cal convivimos desde tempos ancestrais, sabendo aproveitar non só ese servizo ecosistémico de polinización de campos e cultivos, senón tamén, o seu rico mel e outros produtos de gran valor con diferentes usos, sendo tamén unha achega para a economía familiar e rural.

Con todo, existen diferentes motivos que están a reducir alarmantemente as poboacións de insectos polinizadores silvestres, así como das abellas domésticas. As súas ameazas son a agricultura industrial co uso excesivo que fai de praguicidas e monocultivos parasitos, enfermidades e especies invasoras competidoras, xunto aos incendios a contaminación a urbanización desmesurada e o cambio climático. Cambiar algúns dos nosos hábitos de consumo, fomentar a educación, formación e investigación e, sobre todo, coidar máis o Planeta, son parte da solución.

Está pasando!