Presentación da XXIV Festa da Mazá e da Sidra | © Concello de Marín

A XXIV Festa da Mazá e da Sidra de Santomé de Piñeiro celebrarase esta fin de semana con 4.000 kilos de mazás e 2.000 litros de sidra

3 Outubro 2024

A parroquia marinense de Santomé de Piñeiro acollerá esta fin de semana unha das súas festas gastronómicas máis importantes, a Festa da Mazá e da Sidra, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro e que foi presentada no Campo da Festa polos concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín e por representantes da Comisión e da Comunidade de Montes.

A programación da XXIV Festa da Mazá e da Sidra de Santomé de Piñeiro é a seguinte:

VENRES, 4 DE OUTUBRO

  • 21.30h. Grupo Claxxon
  • 00.00h. DJ JJ Compota

SÁBADO, 5 DE OUTUBRO

  • 10.00h. Apertura dos postos de venda de sidra, mazás, artesanía…
  • 12.00h. Xuntanza de Motos Clásicas
  • 15.00h. Exposición de maquinaria agrícola, a cargo de Toedo
  • 16.00h. Apertura colchonetas inchables
  • 17.00h. Xuntanza Moteira
  • 20.00h. Chocolatada de balde para os asistentes
  • 22.00h. Gran Verbena, amenizada pola Orquestra Tattoo e polo DJ Josinho

DOMINGO, 6 DE OUTUBRO

  • 11.00h. Ruta Cabalar. Para participar, será preciso inscribirse nos teléfonos 687 529 404 ou 661 203 331, con data límite ata o xoves
  • 12.00h. A sesión vermouth estará amenizada pola Charanga Charandonga para despois iniciar o pregón, a cargo do artista Antón Sobral
  • 17.00h. Xincanas, carreira de Ponis e Burros, con premios para os participantes
  • 18.00h. Concurso de postres caseiros de mazá, con premios para os tres primeiros
  • 19.30h. Actuación do Dúo Explosión

Tal e como explican desde a comisión, está previsto que se repartan cerca de 4.000 kilos de mazás e 2.000 litros de sidra.


Está pasando!