A 22 edición dos Domingos do Principal achega 10 espectáculos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo
2 Xaneiro 2021
A 22ª edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, terá lugar todos os domingos comprendidos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo, con dobre pase ás 12:00 e 18:30h. no Teatro Principal de Pontevedra.
Os últimos 3 coincidirán coas datas de celebración do Salón do Libro e estarán relacionados coa súa temática: cambio climático, ecoloxismo, Efecto PO2.
Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.
Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.
PROGRAMA
DOM 17 XAN | 12:00 e 18:30 h
ÚNIKO
Teatro Paraiso (Araba)
Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocara que un medo íntimo a deixar de ser querido se apodere del ameazando a estabilidade familiar.
Misturando as técnicas do títere e do teatro máis realista presentamos o desacougante tema dos ciumes, mirando de frente en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor.
Premio FETEN 2020 á mellor interpretación, Maite Bayón
- Teatro de actor / títeres
- Duración: 67 minutos.
- Recomendado a partir de 6 anos
DOM 24 XAN | 12:00 e 18:30 h
A DANZA DA CHOIVA
Elefante Elegante (Galiza)
Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón par sempre?.
Esta é a pregunta que coloca a danza da choiva, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza a manipulación de obxectos e os monicreques. A Danza da choiva trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual.
Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil
- Técnica mixta
- Duración: 50 minutos
- Recomendado a partir de 3 anos
DOM 31 XAN | 12:00 e 18:30 h.
RIQUETE EL DEL COPETE
Higiénico papel Teatro (Xixón, Asturies)
Un príncipe moi feo e moi listo cun “copete” de pelo na cabeza: Riquete el del copete.
Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi tonta. Riquete namorase dunha delas.
Que pasará coa guapa?
Que pasará coa fea?
Unha versión peculiar do conto clásico de Charles Perrault.
- Teatro de actor. Comedia
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 5 anos
DOM 7 FEB | 12:00 e 18:30 h
CONTACREQUES
Emedous (Galiza)
Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado baseado nos contos clásicos O Reise-ñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.
Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de «xigantes».
O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.
O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.
Nos transporta a un mundo con voces de contadores de historias e corpos de monicreques.
- Monicreques
- Duración: 45 minutos
- Recomendado a partir de 3 anos
DOM 14 FEB | 12:00 e 18:30 h
CARTÓONS
Excéntricas e Teatro do Adro (Galiza)
Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada? Con eses cartóns construirán cousas e mais cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.
- Clown e musical.
- Duración: 50 minutos
- Recomendado partir de 4 anos.
DOM 21 FEB | 12:00 e 18:30 h
HANSEL Y GRETEL
Borobil teatroa (Guipuzcoa)
Versión libre da historia de Hansel e Gretel.
Hai tempo alguén roubou todos os libros de cociña do mundo. Agora a xente só come hamburguesas nas Amonioburguers.
Juan Mari é un famoso cociñeiro. Desde que desapareceu o seu libro de recetas perdeu os clientes, está a punto da ruina e o banco ameázao con pecharlle o restaurante. Os fillos Hansel e Gretel deciden ir falar co banco, pero para iso terán que pasar polo bosque e a lenda di que no bosque hai unha árbore que da mazás de caramelo. O que probe esas mazás non voltará á casa…
- Teatro actoral e movemento
- Duración: 50 minutos
- Recomendado a partir de 6 anos
DOM 28 FEB | 12:00 e 18:30 h
ITALINO GRAND HOTEL
Cia La Tal (Barcelona)
Quen lava os milleiros de sabas e toallas dos hoteis?
No último soto do Italino Grand Hotel está a lavandaría. Alí, un personaxe solitario lava, pasa o ferro e perfuma a roupa. Vive só, soña entre as sabas e agacha a soedade conversando coas máquinas e xogando até coa súa propia sombra. Pero undía namórase.
- Teatro de actor, clown
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 4 anos
DOM 7 MAR | 12:00 e 18:30 h
JOJO
Borja Ytuquepintas (Barcelona)
JOJO, é o nome do primeiro orangután que foi rescatado do seu cativerio e que significou o inicio do proxecto Animal Rescue, unha organización Non Gubernamental que loita por salvar animais en catividade e rehabilitalos no seu medio natural.
O espectáculo conta a historia de Jojo. Actualmente Jojo aínda vive e é un gran orangután macho.
Unha fermosa proposta escénica de poesía visual sen texto usando a area e manipulación de títeres con música en directo.
- Teatro visual, arte con area e monicreques e música en directo
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 7 anos
DOM 14 MAR | 12:00 e 18:30 h
Semente – O homem que plantava árvores
Ajidanha (Portugal)
Baseado nunha historia real.
“O Homem Que Plantava Árvores” é unha historia inesquecíbel sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo. Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sítio onde vive un lugar especial.. É unha historia admirabel que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando só os seus propios medios, consegue reforestar só unha das rexións mais inospitas e áridas de Francia.
A partir de “O Homem Que Plantava Árvores” de Jean Giono.
- Teatro de actor
- Duración: 45 minutos
- Recomendado a partir de 8 anos
DOM 21 MAR | 12:00 e 18:30 h
Crusoe
Compañía Markeliñe (Bizkaia)
Crusoe, nunha illa só. Nunha illa con sabor a mar abandonado, vai vendo a vida pasar e así aprenderá a vivir e a relacionarse co seu entorno, e a coidalo, dentro da súa soedade.
Unha metáfora da vida cun toque de poesía visual, música en directo e humor.
Premio FETEN 2020 á mellor música
- Teatro de actor con música en directo
- Duración: 55 minutos
- Recomendado a partir de 5 anos