Ruta da Pedra e da Auga | © Turismo Rías Baixas

A II Andaina Solidaria do Rotary Club de Pontevedra discorerrá pola Ruta da Pedra e da Auga o vindeiro 7 de novembro

30 Outubro 2021

O próximo domingo 7 de novembro de 2021, ás 10:30 horas, o Rotary Club de Pontevedra levará a cabo a súa II Andaina Solidaria. Nesta ocasión, o motivo é dar visibilidade a un dos obxectivos primordiais de Rotary Internacional, como é o empoderamento de nenas e adolescentes.

A andaina discorrerá pola Ruta da Pedra e da Auga, no Concello de Meis. A recepción dos participantes que se inscriban será ás 10:15 horas e a saída está prevista para as 10:30 horas desde o aparcamento que hai nas inmediacións do restaurante Peneira.

A todos os participantes no evento entregaráselles un chaleco e unha bolsa merenda de agasallo, obsequio da empresa colaboradora Construcións Ramírez.

As inscricións realizaranse por medio de correo electrónico dirixido á dirección rotaryclubpontevedra@gmail.com, sendo a data tope para anotarse, o xoves día 4 de novembro. Esta andaina inclúese dentro do programa de eventos do Club Rotario de Pontevedra que retoma paulatinamente a realización das actividades presenciais propias da entidade.

Máis información en rotaryclubpontevedra@gmail.com e no teléfono 686 587 639.

Está pasando!