A actividade expositiva regresa a Vilagarcía este venres coa mostra “Facer Camiño”, da Real Academia Galega das Belas Artes

24 Febreiro 2021

No marco da celebración deste atípico Ano Santo, a exposición composta por obras de destacados artistas galegos das disciplinas pictórica, escultórica e fotográfica, asocia o arte co Camiño de Santiago utilizando como fío condutor citas e referencias sobre a cidade de Compostela e a peregrinación Xacobea realizadas por autores como Vicente Risco, Dante ou Federico García Lorca.

“Facer Camiño” reúne obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguelanxo Prado.

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía xestionou a instalación desta interesante actividade en Vilagarcía, dado o carácter itinerante que a Real Academia Galega das Belas Artes está dando á mostra inaugurada o pasado mes de agosto no marco dos actos conmemorativos do Ano Santo e que xa pasou polas 7 grandes ciudades galegas, así como por outras vilas incluídas no territorio histórico das rutas Xacobeas, como Tui, Cee e Mondoñedo.

Vilagarcía de Arousa, que tamén recolle esta tradición a través da ruta primixenia, a Traslatio dos restos do Apóstolo pola Ruta Marítimo Fluvial Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, será a seguinte cidade en acoller a exposición “Facer Camiño.

A mostra poderá visitarse na Sala Antón Rivas Briones a partir do venres 26 de febreiro e ata o 26 de abril, respectando os aforos vixentes e os protocolos hixiénico sanitarios.

Está pasando!