A Asociación Veciñal Salcedo Norte organiza para este domingo o roteiro teatralizado e musicalizado ‘Castelao en Salcedo’

5 Xuño 2025

Este ano a Asociación Veciñal Salcedo Norte participa no Ano Castelao, impulsado polo Concello de Pontevedra, co roteiro teatralizado e musicalizado ‘Castelao en Salcedo’.

Como cada ano, esta Asociación convida á cidadanía a camiñar con eles por Salcedo, entre música ao vivo, representacións teatrais, lendas populares, anacos de historia e descubrimentos sorprendentes. Un roteiro cheo de vida e memoria que deixará aos participantes con ganas de máis.

A saída será as 18:00 horas dende a Praza de San Xosé e o remate esta marcado no Centro Sur.

Son 8 quilómetros de percorrido que se completarán en 3 horas. Dificultade media.

A actividade é libre e gratuíta.

Recomendacións: Traede calzado cómodo e axeitado, temos zonas de monte, e se fai calor, auga e protección solar.

Está pasando!