A banda neozelandesa Fat Freddy’s Drop abrirá este mércores 6 de xullo o Ciclo Xacobeo Vigo

5 Xullo 2022

  • Coa súa mestura de reggae, soul, funk e jazz convertéronse na banda máis popular de Nova Zelanda e actuarán por vez primeira en Galicia no Mar de Vigo, dentro da súa xira europea que pasará por once países
  • Nas últimas horas prevese que se esgoten as entradas para o concerto da mítica banda Texas. O mesmo ritmo levan as do concerto do histórico Steve Vai, con cerca do 80% do aforo xa cuberto
  • Polo Ciclo Xacobeo Vigo no Auditorio Mar de Vigo, pasarán tamén durante o verán outros grandes artistas internacionais como Yann Tiersen, Cimafunk ou Mayumaná
  • Todas as datas dos espectáculos e prezos poden consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo ou na billetera www.teuticket.com

A espectacular banda neozelandesa Fat Freddy’s Drop abrirá este mércores 6 de xullo o Ciclo Xacobeo Vigo, que terá lugar alternando a terraza e o auditorio do Mar de Vigo. Será o primeiro dos seis concertos de grandes artistas internacionais que actuarán neste ciclo que se prolongará ata o mediados do mes de setembro.

Os concertos están levantando unha enorme expectación entre o público e outra das bandas máis agardadas, os escoceses Texas, previstos para o 9 de agosto, están a piques de esgotar as últimas entradas dispoñibles. No mesmo camiño van tamén as entradas para ver ó lendario guitarrista Steve Vai, que actuará no auditorio interior o 17 de xullo, e para o cal xa está cuberto cerca do 80% do aforo. Os outros concertos previstos, que están tendo tamén moi boa acollida do público, son o bretón Yann Tiersen o 22 de xullo, a nova gran estrela da música cubana Cimafunk o 26 de agosto e as deslumbrantes percusións de Mayumaná, previstas para o 18 de setembro.

O Ciclo Xacobeo Vigo arrincará este mércores 6 de xullo, na terraza, ás 21.00 horas e terá uns convidados de luxo para a inauguración, como son os neozelandeses Fat Freddy´s Drop. O seu directo abrumador parte dunha fórmula infalible cun cóctel de ingredientes nos que se mesturan reggae, soul, funk, dub, jazz, rock e disco. Un resultado moi estimulante que convida ó baile a todo o seu público.

A banda foi fundada hai máis de dúas décadas polo carismático DJ Fitchie, e mantívose ó longo dos anos como un enérxico septeto que inclúe guitarra, batería, baixo, teclados, sintetizadores e tres ventos: trompeta, saxo e trombón. Partindo dunha base reggae, o seu son evolucionou cara a ritmos electrónicos coma o house ou techno, onde sobresae a voz cálida de Joe Dukie. Será a primeira vez que Fat  Freddy’s Drop visiten Galicia, nesta xira europea que os levará por once países, con moitas datas xa con sold out. Ademáis do Ciclo Xacobeo Vigo, acaban de pasar por dous festivais de gran prestixio como o Cruïlla en Barcelona ou Río Babel en Madrid.

O Ciclo Xacobeo Vigo ten como liñas de programación unha selección de bandas internacionais procedentes de diversos países, e mesmo de diversos continentes como Europa, América ou Oceanía. Todas estas bandas son formacións de prestixio, con gran recoñecimento internacional, seleccionadas para abarcar un público diverso a través dunha variedade de estilos.

As datas dos espectáculos e prezos pode consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e na billetera www.teuticket.com

Artistas confirmados:

  • 6 de xullo – Fat Freddy’s Drop – Terraza do Auditorio Mar de Vigo
  • 17 de xullo – Steve Vai – Auditorio Mar de Vigo
  • 22 de xullo – Yann Tiersen – Auditorio Mar de Vigo
  • 9 de agosto – Texas – Terraza do Auditorio Mar de Vigo
  • 26 de agosto – Cimafunk – Terraza do Auditorio Mar de Vigo
  • 18 de setembro – Mayumaná – Auditorio Mar de Vigo

Está pasando!