‘Don’t You Want Me’ | © Broken Peach

A banda viguesa Broken Peach volve revolucionar as redes coa súa peculiar homenaxe á véspera de todos os santos

27 Outubro 2022

Se hai un grupo galego abonado á festividade máis terrorífica do ano, ese é sen dúbida Broken Peach. Pasaron xa sete anos da súa exitosa versión de ‘This is Halloween’, grazas á cal se coaron de forma inesperada nas pantallas de millóns de espectarores de todo o mundo. Desde aquela e ata o de agora, a particular receita composta por enxeñosas adaptacións, un icónico maquillaxe e o seu espectacular estilismo seguiron calando fondo nas redes sociais.

Fieis a esta cita, Broken Peach lanzouse a facer unha versión ‘Don’t You Want Me’, dos británicos The Human League. Aínda que recorren de novo ao pop electrónico dos 80, sorprenden esta vez coa volta de torca na indiosincrasia “halloweenense”. E é que esta nova adaptación foxe dos clichés máis evidentes da festividade, apostando por un concepto visual moito máis moderno, minimalista e dunha plasticidade cativadora.

Desta guisa, utilizaron como estudio una das vistosas salas do MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) na cal a banda nos mostra unha especie de temible lexión mitológica desmadrándose nun ambiente retrofuturista. Co novo órdago lanzado, os vigueses xa cultivaron a friorenta de 500.000 visitas en apenas uns días e todo apunta a un novo “melocotonazo” da banda.


‘Don’t You Want Me’ | © Broken Peach

Podedes descargar a canción ‘Don’t You Want Me’ na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1xPhHuyKCofCGvcAdH82v66f7yAvq-zCR/view?usp=sharing

E por se fose pouco, tamén en concerto. A guinda deste aquelarre musical confórmaa un mini directo chamado ‘The Night Of The Halloween Specials Live’ que recompila as 8 cancións de Halloween que Broken Peach arranxou ata a data.

Un homenaxe sorpresa a todos os fans do grupo en Youtube e a todos estes anos de música, suor e maquilaje. Broken Peach xa acumula máis de 230.000 subscritores en Youtube con máis de 40 millóns de reproducións nos seus vídeos.

Está pasando!