Presentación do Concerto das Letras Galegas 2025 no Curro de Amil

A Banda Xuvenil de Barro e a Banda Nova Lira de Moraña xuntaranse este domingo para celebrar o Día da Letras Galegas no Curro de Amil

16 Maio 2025

A Banda de Música Xuvenil de Barro e a Banda de Música Nova Lira de Moraña xuntaranse este domingo para un concerto tan sorprendente como novidoso. Celebrarán o Día das Letras Galegas no Curro de Amil.

O concerto terá lugar no Curro de Amil este domingo 18 de maio e estará presentado por Rogelia Dos Outeiros, un evento que congregará a preto de 100 compoñentes de ámbalas dúas formacións e que conta coa colabora a Asociación Cabalar ‘Monte Acibal’.

Ademais levarán a cabo unha iniciativa coa colaboración da Comunidade de Montes de Perdecanai para a realización dunha plantación por partes dos integrantes das bandas de acivros e árbores autóctonas no monte de Perdecanai.

Cómpre parabenizar a ambas formacións por traballar conxuntamente e tecer lazos de unión nun marco incomparable. Un bo motivo para achegarse este domingo 18 de maio ás 17.30 horas ao Curro de Amil.

Está pasando!