Obradoiro de máscaras 2023 | © Concello de Salvaterra de Miño

A Biblioteca Municipal de Salvaterra contará con actividades de Samaín para os máis pequenos

24 Outubro 2024

Dende a Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño e con motivo da celebración do Samaín, levaranse a cabo dúas actividades, unha dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos e outra de 7 a 12 anos.

A primeira “Crea a túa historia de Samaín” para os máis maiores será o mércores 30 de outubro ás 16:30 horas e a segunda un “Obradoiro de creación de máscaras” o xoves 31 de outubro ás 10:30 horas.



As inscricións realizaranse a través do correo biblioteca@concellodesalvaterra.org ou na propia Biblioteca Municipal.

Esta é unha das datas máis esperadas do calendario para pequenos e maiores: e novamente o Concello de Salvaterra de Miño aposta por actividades que na edición pasada foron un éxito.

Igualmente, apóstase polo Roteiro Nocturno de Samaín que será a noite do xoves 31 de outubro e no que xa están as incricións abertas en barafundaanimacion.com

Está pasando!