A Biblioteca Pública de Pontevedra acolle a mostra “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas”

18 Decembro 2020

A exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

Visitable ata o 30 de xaneiro na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra.

Horario:

Mañás: de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.
Tardes: de luns a venres de 16:00 a 21:00 h.
Sábado: de 10:00 a 14:00 h.

Está pasando!