A Canteira de Paredes en Vilaboa acollerá unha edición (confinada) do Canteirafest

26 Agosto 2020

Para este ano 2020, enmarcados na crise do COVID19, as organizadoras do Canteirafest, veñen de deseñar unha programación para os dias 18 e 19 de setembro, adaptada a actual realidade.

Asi é que, sen deixar de facer unha aposta clara por unha programación cultural de calidade para as súas veciñas, van realizar un festival a pequena escala, con aforo limitado a 600 persoas por día.

Saen a venda, por primeira vez, co fin de poder facer un control de acceso adecuado e manter o aforo indicado, as entradas serán en tres formatos. O primeiro dos formatos será unha entrada de 5 € para un dos días do festival, tanto se so se quere ir o venres ou so se quere ir o sabado; o segundo formato será un bono para os dous días por un valor de 7 € a entrada; é por último, o terceiro formato, será o aluger dun recinto demarcado para un grupo de 10 persoas, na que poderás estar coas túas amizades dun xeito máis relaxado. As entradas poderanse adquirir a través da plataforma virtual enterticket.es

Como nas anteriores edicións, a formación en feminismo será un piar fundamental do evento, artellando diversos coloquios sobre as temáticas máis actuais no eido feminista. Asemade, este ano, as organizadoras centrarán a temática do festival nos distintos modos de ser muller, facendo fincapé nas mulleres transxénero e as súas demandas.

A asistencia ao evento será, obrigatoriamente, portando mascara e medirase a temperatura en varios puntos do recinto, cun termómetro dixital, aportado pola Deputación de Pontevedra.

O Canteirafest contará cun elenco de artistas eclectico, dando cabida a novas formacións e artistas. Así para este ano contaremos con: Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre, Zeltia irevire, Verto, Paula Docampo DJ, Bravatukas, Pauliña, A Rabela, Cuarta Xusta, O Gato de Cheshire e Lisdexia, na parte musical; e abrirán a escena teatral con Ibuprofeno Teatro con O Furancho. Asemade, tamén contarán coa participación de Migallas, para os máis pequenos da casa, que terán a entrada de balde até os 12 anos.

+info. en facebook.com/canteirafestvilaboa/

Está pasando!