A Capitanía Marítima de Baiona acolle a exposición “A Illa da Memoria”

20 Novembro 2020

A Capitanía Marítima de Baiona acolle a exposición “A Illa da Memoria”, actividade enmarcada dentro da programación organizada pola Concellaría de Cultura dedicada en exclusiva á memoria histórica do BaiOutono.

A mostra, creada por Antón Caeiro e con carácter itinerante, recolle nunha decena de paneis o pasado da illa de San Simón como campo de concentración durante a Guerra Civil española e na posguerra, de 1936 a 1943.

A exposición poderase visitar en horario de 16:00 a 19:00h de luns a sábado na Capitanía Marítima de Baiona, sita na Rúa Elduayen, 20.

Está pasando!