Presentación da carreira Ponle Freno | © Concello de Pontevedra

A carreira Ponle Freno de Pontevedra agarda romper o teito de participación na súa nova edición

14 Xuño 2023

O Circuíto de Carreiras Ponle Freno terá este 24 de xuño unha das súas paradas en Pontevedra. A Boa Vila repite como cidade escollida á hora de trazar un percorrido que se move entre a solidariedade e a concienciación.

A campaña, promovida e iniciada desde Mediaset, leva 15 anos xa de traballo en diferentes eidos. O Concello de Pontevedra apoia esta cita deportiva que poderá ser gozada de dúas maneiras distintas: cun trazado de 5 quilómetros ou de 10 quilómetros. En ambos os dous casos os participantes deberán inscribirse a través da páxina web oficial do evento, que conta cun prezo de 5,5 euros até este domingo, 18 de xuño.


Presentación da carreira Ponle Freno | © Concello de Pontevedra

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participou esta mañá na presentación da carreira, xunto con Natalia Rico, responsable comunicación Atresmedia Eventos, Iñaki Lerga, director Centro de Estudios e Opinión Ponle Freno-AXA, Pedro Hernández, representante de STOP ACCIDENTES Pontevedra; e Martín Fiz, campión do mundo de maratón.

O rexedor da cidade lembrou que a Boa Vila ten unha relación especial co deporte e que non fallará a esta proba de Ponle Freno, pedíndolle a toda a veciñanza de Pontevedra e da súa comarca que participe co fin de superar o récord de corredores e corredoras nesta proba. «É importante  concienciar sobre a violencia viaria. Temos que participar todos, toda a sociedade. Son moitos os
elementos que inflúen á hora de ter un accidente, por iso temos sempre que buscar a risco menor, chegar a el», indicou.


Está pasando!