A comitiva real que acompaña a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa visita a Vilagarcía sairá ás sete da tarde dende a explanada do Auditorio para percorrer o casco urbano da cidade

5 Xaneiro 2023

A cabalgata dos Reis Magos sairá dende a Praza da II República (e seguirá pola Avenida da Mariña e Alameda para coller pola Praza do Doutor Cerúa cara Alexandre Bóveda. Seguirá por Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo e Arapiles, para rematar ante o Concello despois do paseo a pé dos Reis polos Xardíns de Ravella, onde os de Oriente realizarán a ofrenda ao Neno Xesús no belén vivinte, antes de dirixirse ao público presente na praza.

Concluída a Cabalgata e o discurso ante belén vivinte, os Reis Magos ofrecerán unha recepción no salón nobre do Concello para que os nenos e nenas que o desexen poidan falar con eles.


Está pasando!