A compañía La Coja Dansa porá en escena a montaxe ‘Persépolis’ no Pazo da Cultura de Pontevedra

24 Abril 2023

Dentro da programación do XXIV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o venres 28 de abril a compañía La Coja Dansa presenta ‘Persépolis’ no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Tres nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. A súa lectura fará que reflexionen sobre a situación das mulleres na historia.

A partir de aquí, comezarán unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo que as ha levar a atoparse  nun punto en común.

Con ‘Persépolis’ renden homenaxe ás escritoras de ciencia ficción que coas súas obras literarias cuestionaron, desde as marxes, o estatus das mulleres e as súas constantes pérdidas de dereitos.

Unha montaxe de extraordinaria beleza, cun ritmo adecuado para as ávidas miradas da infancia. Unha peza onde conflúen o cómic, a danza, o videomapping e o cinema cuns resultados sorprendentes.

Todos os asistentes a este evento deben adquirir entrada independentemente da idade que teñan.

Entradas anticipadas á venda desde 3 euros en Ataquilla.com



A compañía:

La Coja  Dansa nace en 2004 e desde entón apostou sempre por unha linguaxe tambaleante no que a maioría das preguntas quedan no aire.

Expertos no uso do audiovisual como elemento dramatúrgico e na creación de pequenos mundos cheos de matices, as súas pezas buscan unha forma que acolla a incerteza e fano con resultados estéticos exquisitos de gran impacto emocional.

Tatiana Caravel e Santi de la Fuente dirixen esta compañía que visitou Portugal, Alemaña, Exipto, Brasil, Francia e percorreu toda España.


Está pasando!