A Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra abre o prazo de inscrición dos cursos da Aula de Informática da Casa Azul

3 Febreiro 2021

A Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra vén de abrir o prazo de inscrición para os cursos que se impartirán na Aula de Informática da Casa Azul (Sala Rons) entre os meses de febreiro e maio.

Os obradoiros serán desenvolvidos polo monitor de Informática da Área de Benestar Social do Concello, Jesús Lorenzo Ron (que os imparte dende 1998) e, se ben están abertos á veciñanza en xeral, terán preferencia á hora de apuntarse os usuarios dos Servizos Sociais Municipais e as persoas desempregadas.

Segundo precisa o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, “as inscricións realizaranse directamente na Aula de Informática, que conta cun total de 18 ordenadores para os alumnos (haberá en todo caso un límite de prazas en base aos protocolos Covid-19)”.

A programación prevista na aula situada no nº 2 da rúa Sor Lucía (primeiro andar) é a seguinte:

  • Aula Aberta: uso libre dos ordenadores da Aula. Venres de 09:00 a 11:00 horas e de 11:30 a 13:30 horas para a veciñanza do concello.
  • Informática Básica e Internet: luns e mércores de 09:30 a 11:00 para a veciñanza do concello sen coñecementos de informática. Comezará o 22 de febreiro e finalizará o 29 de marzo, cunha duración de 15 horas.
  • Libre Office Writer: martes, mércores e xoves de 12:00 a 13:30 horas para a veciñanza do concello con coñecementos básicos de informática. Comezará o 23 de febreiro e finalizará o 25 de marzo, cunha duración de 22,5 horas.
  • Libre Office Calc: martes e xoves de 09:30 a 11:00 horas para a veciñanza do concello con coñecementos básicos de informática. Comezará o 23 de febreiro e finalizará o 25 de marzo, cunha duración de 15 horas.
  • Libre Office Impress: luns e mércores de 09:30 a 11:00 horas para a veciñanza do concello con coñecementos básicos de informática. Comezará o 12 de abril e finalizará o 12 de maio, cunha duración de 15 horas.
  • Google: buscas, correo e nube, entre outras cousas. Martes e xoves de 09:30 a 11:00 horas para a veciñanza do concello con coñecementos básicos de informática. Comezará o 13 de abril e finalizará o 20 de maio, cunha duración de 18 horas.
  • C.V. e WEB’s de Emprego: martes, mércores e xoves de 12:00 a 13:30 horas para a veciñanza do concello con coñecementos básicos de informática. Comezará o 13 de abril e finalizará o 20 de maio, cunha duración de 27 horas.
  • Trámites Electrónicos: martes, mércores e xoves de 13:30 a 14:15 horas para a veciñanza do concello con coñecementos básicos de informática.

Poden obter máis información sobre o curso a través dos correos electrónicos: jlorenzo@pontevedra.eu e aulaud@gmail.com

PROGRAMACIÓN DA AULA DE INFORMÁTICA

Está pasando!