A Concellería de Cultura de Poio reúnese co tecido asociativo do municipio para preparar a celebración dos Magostos

18 Outubro 2022

A concelleira de Cultura de Poio, Raquel Rodríguez, vén de manter unha reunión con representantes dos colectivos de municipio que, como xa é tradición, coa chegada do mes de novembro celebran o magosto nas diferentes parroquias da localidade. A edil do Goberno local sinala que esta edición será “máis especial se cabe”, habida conta de que por primeira vez desde 2019 poderán celebrarse con absoluta normalidade, logo de que en 2020 tiveran que ser cancelados e que en 2021 estiveran condicionados polas restricións e medidas decretadas por mor da pandemia da COVID-19.


Reunión con representantes dos colectivos de municipio | © Concello de Poio

Como xa é habitual, as degustacións de castaña terán lugar durante as fins de semana de novembro. Ademais, está previsto tamén que, con motivo da celebración do San Martiño, o vindeiro día 12 de novembro tamén teña lugar a Festa da Castaña, dando así continuidade á edición inicial do ano pasado.

Con respecto ao resto de magostos, Raquel Rodríguez recalcou o compromiso do Concello para “colaborar e axudar para impulsar esta actividade tan arraigada na nosa tradición e no noso municipio. É por iso polo que convocamos esta reunión, para estar pendentes das súas necesidades e colaborar desde o Concello en todo o que sea preciso”.

Proximamente iranse coñecendo as datas dos magostos.

Está pasando!