Presentación do Axé Bahia Fest | Concello de Marín

A cultura afrobrasileira inundará Marín co Axé Bahia Fest, que se celebra esta fin de semana en Briz

4 Xuño 2025

A Finca de Briz converterase este venres 6 e sábado 7 de xuño no epicentro da música e da cultura afrobrasileira coa celebración do Axé Bahia Fest, un evento que combina obradoiros, actuacións musicais e espectáculos de percusión nun entorno natural único.

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentou o evento xunto aos representantes da Batucada Axé Bahia, organizadora do festival.

Organizado co espírito de difundir as raíces do samba reggae, a capoeira e o axé (que significa “enerxía vital” ou “boas vibracións” no idioma candomblé), o festival reunirá artistas e formadores de prestixio nunha programación vibrante e diversa para todos os públicos.

Venres 6 de xuño – Ritmo e formación

A xornada do venres comezará ás 19:00 horas cun obradoiro de levantamento impartido por Gabriel Macedo, seguido dun obradoiro de timbau e repique de 20:00 a 21:30 horas.

A noite pecharase cos ritmos contaxiosos de DjSü e Carlos Trini, que animarán a pista ata a madrugada.

Sábado 7 de xuño – Festival a pleno rendemento

O sábado, o programa arrincará ás 10:00 horas con dúas sesións consecutivas do obradoiro de samba reggae, dirixido a todos os niveis.

A partir das 15:00 horas, a música en directo e as batucadas tomarán Briz:

  • 15:00 – Axé Bahía Batucada
  • 15:45 – Batucada Os Percutores
  • 16:20 – Concerto de María Eugenia e Banda
  • 16:55 – Batucada Radical
  • 17:30 – Associação CapoeirArte
  • 18:05 – Exhibición de Gabriel Macedo
  • 18:40 – Batucada Extretucada
  • 19:15 – Banda Radical
  • 20:55 – Agradecemento de Marcinha

A xornada rematará coas sesións de música electrónica e afrobeat da man de G Rich DJ (21:00–00:00) e DJ Jorge Álvarez (00:00–03:00), garantindo unha despedida por todo o alto desta festa multicultural.

Está pasando!